Saltar ao contido

Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estados membros, aqueles que ratificaron a Carta, representados en cor verde escura; asinantes pero sen ratificala, en verde claro; non-adscritos, en cor grisalla

A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias un tratado europeo (CETS 148) adoptado en 1992 baixo o auspicio do Consello de Europa para promover e protexer as linguas rexionais e minoritarias históricas de Europa.

Características

[editar | editar a fonte]

Tan só se aplica ós idiomas empregados tradicionalmente, de forma que exclúe idiomas empregados pola inmigración recente doutros estados, así como os considerados dialectos.

As linguas que son oficiais dentro de rexións ou provincias de unidades autónomas nun estado descentralizado (como o catalán en España) non están clasificadas como linguas oficiais do estado, e polo tanto poden beneficiarse pola carta. Por outra parte, a República de Irlanda non puido asinar a carta en favor do irlandés (aínda que é minoritario) porque é definido como a primeira lingua oficial do estado. Porén, o Reino Unido ratificou a Carta a respecto do irlandés (entre outras linguas) en Irlanda do Norte.

Linguas protexidas pola carta

[editar | editar a fonte]

Os países que ratificaron a carta e as linguas para as cales foi ratificada son os seguintes:

Armenia; ratificación: 25 de xaneiro de 2002

Austria Austria; ratificación: 28 de xuño de 2001[1]

Croacia Croacia; ratificación: 5 de novembro de 1997

Chipre Chipre; ratificación: 26 de agosto de 2002

República Checa República Checa; ratificación: 15 de novembro de 2006

Dinamarca Dinamarca; ratificación: 8 de setembro de 2000[2]

Finlandia Finlandia; ratificación: 9 de novembro 1994

Alemaña Alemaña; ratificación: 16 de setembro 1998[3]

Hungría Hungría; ratificación: 26 de abril 1995

Liechtenstein Liechtenstein; ratificación: 18 de novembro 1997

  • non existen linguas rexionais ou minoritarias

Mónaco Mónaco; ratificación: 15 de febreiro 2006

Países Baixos Países Baixos; ratificación: 2 de maio 1996

Noruega Noruega; ratificación: 10 de novembro de 1993

Serbia Serbia; ratificación: 15 de febreiro de 2006

Eslovaquia Eslovaquia; ratificación: 5 de setembro de 2001

Eslovenia Eslovenia; ratificación: 4 de outubro de 2000

España España; ratificación: 9 de abril de 2001

Suecia Suecia; ratificación: 9 de febreiro de 2000

Suíza Suíza; ratificación: 23 de decembro de 1997

Ucraína Ucraína; ratificación: 19 de setembro de 2005

Ucraína non especifica as linguas polo seu nome, mais ratifícaas segundo as linguas das seguintes minorías étnicas:[4]

Reino Unido Reino Unido; ratificación: 27 de marzo de 2001

  1. Austria ratificou a carta para cada lingua para cada Land específico
  2. A Notes Verbales que acompaña á ratificación danesa especifica que, malia que a Carta non ía ser ratificada respecto a dúas linguas, o feroés e ó groenlandés, as dúas son oficiais nos seus respectivos territorios.
  3. Alemaña ratificou a carta para cada lingua respecto a cada Land
  4. No primeiro informe de implantación da carta en Ucraina http://www.coe.int/t/dg4/education/minlang/Report/PeriodicalReports/UkrainePR1_en.pdf

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]