Saltar ao contido

Cartas Católicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Cartas católicas é unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue os escritos en forma epistolar que se atribúen a distintos apóstolos. O adxectivo católico hai que tomalo no seu sentido etimolóxico de universal.

Características, autores e datas de composición

[editar | editar a fonte]

As cartas chámanse católicas por contraposición ás cartas particulares de Paulo de Tarso. As deste sempre tiñan como destinataria unha comunidade concreta (Roma, Corinto...), mentres que as católicas van dirixidas aos critiáns en xeral.

Todas as cartas se titulan co nome do apóstolo que figura como autor. Neste caso, o termo autor habería que entendelo nun senso moi amplo, un pouco ao xeito do que, na filosofía grega, sucede con Pitágoras e a súa escola. Hai que pensar nun autor que crea arredor del un grupo de discípulos, neste caso unha comunidade cristiá, e que inspira os escritos que estes redactan.

En canto as datas de composición, algúns dos escritos se sitúan entre os máis serodios do Novo Testamento, arredor do ano 100 ou 110.

As cartas

[editar | editar a fonte]

Tal como as atopamos hoxe nas versións modernas da Biblia, as cartas ordénanse por tamaño, da máis longa á máis breve: