Carter Beauford
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1957 (67 anos) Charlottesville, Estados Unidos de América |
Educación | Shenandoah University (en) |
Lateralidade | manicho |
Actividade | |
Ocupación | batería, músico |
Período de actividade | 1991 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Jazz e folk rock |
Instrumento | Batería e voz |
Selo discográfico | RCA Records |
Sitio web | davematthewsband.com |
Carter Anthony Beauford, nado o 2 de novembro de 1957, é o batería de Dave Mathews Band , coñecido pola súa elegancia á hora de tocar. Un punto a favor é o seu ambidestrismo que lle permite un amplo xogo e destreza. Son moi coñecidos os seus complicados e orixinais patróns de charles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carter Beauford comezou moi novo a tocar, con tres anos, despois de que o seu pai o levara a un concerto de Buddy Rich ao non atopar un canguro para coidalo. A partir de entón amosou unha gran paixón polo instrumento. Con nove anos fixo a súa primeira actuación pública tocando unhas pezas de jazz. Unha auténtica demostración da súa técnica é, por exemplo, a canción "Triping billies" onde atopamos un Beauford en estado puro.
O seu grupo principal foi e continúa a ser a Dave Mathews Band. A banda formouse cando nunha cafetería onde Carter e Leroi Moore tocaban jazz acercóuselles de súbito un camareiro, Dave Mathews, fascinado pola súa música e propuxo a idea.
Beauford considérase un músico ecléctico aberto a diversos tipos de música e, condescendente con isto, tocou con numerosos artistas entre os que destacan Santana ou o xenial Victor Wooten.
Influencias
[editar | editar a fonte]As principais influencias de Carter son Buddy Rich, Papa Jo Jones e Tony Williams, entre outros.
Equipo
[editar | editar a fonte]Toca cun kit Bill Cobham para destros, pratos Zildjian e baquetas Pro-Marck Signature Series.