Saltar ao contido

Casa da Navegación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa da Navegación

Tipomuseo Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°07′08″N 8°50′53″O / 42.118985, -8.848113
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloBaiona Editar o valor en Wikidata
Código postal36300 Editar o valor en Wikidata
EnderezoRúa Ventura Misa, 17 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Teléfono+34 986-356688 Editar o valor en Wikidata
Correomailto:casa.navegacion@baiona.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: CasaNavegacionBaiona Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Casa da Navegación é un espazo expositivo de titularidade municipal do concello de Baiona, na provincia de Pontevedra.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O museo, proxecto que comezou no ano 2009, costeado pola Deputación provincial de Pontevedra e o concello de Baiona, foi inaugurado o 1 de marzo de 2015 por representantes doutras dúas institucións: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a daquela ministra de Fomento, Ana Pastor Julián.[1][2]

O edificio, a Casa María Carvajal,[3] que anteriormente foi casa do concello, foi rehabilitado para o uso actual.[4] De dous andares, alberga unha colección procedente, en parte, do Museo do Mar de Galicia e o Museo Provincial de Pontevedra, onde estaba en depósito, que inclúe unha réplica feita no 2001 da Carta Puebla fundacional de Afonso IX, cartografía da colección de Román Pereiro Alonso e outros documentos, pezas arqueolóxicas (unha lauda sepulcral, unha moeda do século XIII e fragmentos de cerámica), unha maqueta da carabela Pinta feita en 1985, o robot submarino RU-27, mobiliario (entre o que destaca o arquivo do corrixidor),[5] aparellos de pesca cedidos por Remigio Leyenda, fotografías cedidas por Esperanza Fernández Vernet, instrumentos de navegación, obxectos procedentes de naufraxios, vellas lámpadas do faro Silleiro e dúas pequenas pezas de artillaría.[6]

En 2015 o Valedor do Pobo abriu un expediente por ter o museo todo o texto exposto (tanto as placas dos obxectos como os paneis de gran formato) exclusivamente en castelán e inglés, excluído a lingua galega. O concello alegou falta de espazo e que a exposición estaba orientada a un público estranxeiro.[7]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome XUNTA
  2. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome FDV0315
  3. En ocasións escrito Carbajal.
  4. «Poner en marcha el museo de la navegación de Baiona costará otros 150.000 euros» La Voz de Galicia, 12/3/2014 (en castelán).
  5. «Un armario con solera» Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 13/9/2003 (en castelán).
  6. «Los cañones del vigués Pedro Novalbos se exhiben en Baiona» Atlántico Diario, 2/3/2015 (en castelán).
  7. Expediente: P.1.Q/12814/15 Valedor do Pobo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]