Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg
Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg –Staatliche Münzen Baden-Württemberg – | |
---|---|
Escudo de Baden-Württemberg, logotipo das Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg | |
Tipo | Estatal |
Fundación | 1998 |
Matriz | Autoridade de Facenda (Finanzministerium) de Baden-Württemberg. |
Localización | Stuttgart Baden-Württemberg Alemaña. |
Persoas clave | Director: Peter Huber. |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Moedas e medallas. |
Notas | |
Marcas de ceca: F e G. | |
Na rede | |
http://www.staatlichemuenzenbw.de | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg (en alemán: Staatliche Münzen Baden-Württemberg –SMBW–) é a denominación da entidade resultante da fusión, en 1998, da Casa da Moeda de Stuttgart e da Casa da Moeda de Karlsruhe, con sedes en senllas localidades do Estado alemán de Baden-Württemberg.[1]
Tras a fusión, a nova entidade produce arredor do 40 % das moedas alemás do sistema do euro, tanto as de curso legal como as destinadas ao coleccionismo e ao investimento.[1]
Malia estaren unidas nunha única razón social, ambas as casas de moeda manteñen as súas marcas de ceca históricas, desde 1871: un F para Stuttgart e un G para Karlsruhe.[1]
Staatliche Münzen Baden-Württemberg foi elixida por Letonia para a produción das súas moedas de euro desde a súa entrada na Eurozona o 1 de xaneiro de 2014. A licitación para a cuñaxe dos euros letóns fixérase pública o 20 de setembro de 2012, e o 10 de decembro dese mesmo ano anunciouse a adxudicación do contrato á institución alemá.[2] [3][4][5][6]
A produción das primeiras moedas comezou xa en xullo de 2013, aínda que todas amosan a data da súa posta en circulación (2014). A repartición entre as cecas foi: 1 céntimo, 10 céntimos e 1 euro, na ceca de Karlsruhe, e o resto de valores na de Stuttgart. Nos anos seguintes, entre 2015 e 2018, as cuñaxes para Letonia centralizáronse na ceca de Stuttgart.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Our Mints". Staatliche Münzen Baden-Württemberg.
- ↑ "Bank of Latvia Announces Tender to Mint Euro Coins for Latvia". En Latvia Today. 27 de decembro de 2012.
- ↑ "Latvia begins minting euro coins". Latvijas Banka. 31 de xullo de 2013.
- ↑ "Latvian Euro Coins Arquivado 17 de novembro de 2019 en Wayback Machine.". Latvijas Banka.
- ↑ "Latvijas eiro monētas kals Vācijā par 5,306 miljoniem eiro" ("A moeda de euro letoa cuñada en Alemaña por 5.306 millóns de euros"). En TVNET. 10 de decembro de 2012.
- ↑ "German mint strikes 400 million new euro coins for Latvia". En Coins Weekly. 8 de agosto de 2013.
- ↑ "Vācijā sākta Latvijas eiro monētu kalšana" (gal: "A moeda do euro letón comezou en Alemaña"). En Delfi Bizness. 31 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web das Casas da Moeda Estatais de Baden Württemberg Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- "Why Gernany has Five State-Owned Mints". En Coins Weekly. 1 de febreiro de 2017