Caso Altsasu
O Caso Altsasu é un procedemento xudicial contra oito mozos por unha agresión que tivo lugar na madrugada do 15 de outubro de 2016. Nun bar do municipio foron agredidos dous axentes da Garda Civil fóra de servizo e as súas parellas. Un dos axentes mostraba unha patada no parietal, outros tiñan contusións leves e varios denunciantes afirmaron padecer secuelas psicolóxicas por mor dos feitos. O preito foi inicialmente conducido pola xuíza Carmen Lamela, da Audiencia Nacional. En marzo de 2018 Concepción Espejel foi nomeada como maxistrada á fronte do xuízo, que se celebrou en abril dese ano.[1][2][3][4]
O caso foi polémico, xa que o fiscal describiu os feitos como terroristas e pediu entre 12 e 62 anos de prisión para os oito acusados. Este duro enfoque da xustiza española uniuse ás denuncias dos partidos nacionalistas e de esquerda por supostas irregularidades e falta de neutralidade no proceso. Por estes motivos, o caso Altsasu é criticado por diversos sectores.[5]
A Audiencia Nacional rexeitou os cargos de terrorismo, pero impuxo sentenzas de entre 2 a 13 anos de cárcere. A fiscalía apelou a sentenza en xuño de 2018 e insistiu na existencia de terrorismo, mais foi de novo rexeitado en marzo de 2019.
O 19 de xaneiro de 2022 o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos inadmitiu a demanda presentada polos condenados, co que rexeitou calquera vulneración dos dereitos dos mesmos.[6]
Evolución dos acontecementos
[editar | editar a fonte]Atención de medios de comunicación e polémica
[editar | editar a fonte]O incidente axiña atraeu intensamente a atención dos medios de comunicación. Os denunciados entregáronse por vontade propia á Policía Foral de Navarra, mais ficaron en liberdade con cargos. O Ministro do Interior no momento, Jorge Fernández Díaz, calificou o feito como "delito de odio" polos denunciantes seren Gardas Civís, mais non como kale borroka, senón como evento illado.[7]
Catro días máis tarde, COVITE, unha asociación de vítimas de ETA, presentou unha denuncia contra os sospeitosos por terrorismo e odio. Tamén denunciaron diversas contas de Twitter, o movemento local Ospa e a campaña Alde hemendik! ("Fóra de aquí!" en éuscaro).[8] O tribunal pronto reclamou a transferencia do caso á Audiencia Nacional, encargada de xulgar delitos moi graves. Malia o tribunal rexional descartar os cargos por terrorismo, o Tribunal Supremo autorizou o traspaso do caso á Audiencia Nacional.[9]
Evidencias e declaracións xudiciais
[editar | editar a fonte]Segundo o xuíz, os dous axentes implicados na pelexa estaban vestidos de civís. No festival local de Altsasu, un número de mozos achegóuselles na barra e pediulles que marchasen do lugar. Os axentes pediron que os deixasen tranquilos. Porén, "máis tarde, unhas 25 persoas achegáronselles, con 15 ou 20 deles insultando e golpeándoos até que chegaron as patrullas". Iñaki Abad, un dos mozos procesados, gravou un vídeo co seu móbil. Este mostra o axente da Garda Civil que supostamente fora "brutalmente golpeado no chan" andando cunha camisa branca e limpa momentos despois dos supostos feitos. O axente fóra de servizo golpea o teléfono de Abad pero, máis tarde, danse a man e falan.[10]
As imaxes, que cuestionan o procedemento xudicial, foron inicialmente rexeitadas como proba polo tribunal. Porén, máis tarde foron aceptadas.
Amais desta evidencia, o tribunal rexeitou as declaracións de testemuñas propostas pola defensa e outras imaxes dos feitos, así como fotografías que describen as dimensións reais da barra onde o ataque tivo lugar.[11]
Cargos
[editar | editar a fonte]Os oito mozos (Ohian Arnanz Ziordia, Jokin Unamuno Goikoetxea, Jon Ander Cob Amilibia, Julen Goikoetxea Larraza, Adur Ramírez de Alda Pozueta, Aratz Urrizola Ortigosa, Iñaki Abad Olea e Ainara Urkijo Goikoetxea) recibiron unha ampla lista de cargos, entre eles, terrorismo.
No xuízo pedíronse 62 anos de prisión para un do grupo. Para o resto pedíronse 50 anos, agás un que afrontou unha pena de 12 anos de cárcere.[12] Os acusados foron encarcerados de xeito preventivo baixo o artigo 573 do Código Penal, un artigo pensado para persoas sospeitosas de terrorismo.[13]
Evolución do procedemento
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2018 a defensa rexeitou a nova xuíza do caso, Concepción Espejel, ante acusacións de falta de neutralidade por estar casada cun coronel da Garda Civil e ser condecorada coa Orde ao Mérito da Garda Civil. A petición da defensa foi desestimada por "improcedente".[14] As audiencias tiveron lugar do 16 ao 27 de abril de 2018. O 1 de xuño a sentenza foi anunciada e a corte desestimou os cargos de terrorismo. A sala declarou os acusados culpábeis de atentado a axentes da autoridade e lesións, agravados con abuso de superioridade e discriminación, e desorde pública e ameazas. Un dos acusados foi sentenciado a 2 anos de prisión, tres a unha pena de 9 anos, dous a 12 anos e os outros dous a 13 anos.[15]
As familias definiron o procedemento como "indignante" e "un acto de vinganza", e anunciaron que apelarían a sentenza.[16] Catro días máis tarde, a Garda Civil arrestou a catro dos acusados en Altsasu e enviounos a prisión.[17] O 14 de xuño de 2018 o fiscal do caso tamén apelou a sentenza, de novo baixo o argumento de terrorismo.[18] Seis días máis tarde, a condena de Iñaki Abad reduciuse 3 anos "debido a un erro". A xuíza decidiu aceptar entón a proba inicial do testemuño de María José N.C., unha vítima da pelexa, quen declarou que Abad non se atopaba entre os agresores.[19]
O 7 de marzo de 2019 a sentenza para as apelacións da defensa e do fiscal foi filtrada pola Cadena SER antes do seu anuncio oficial polo Tribunal Nacional ás partes implicadas. Confirmou maioritariamente o veredicto inicial: non había terrorismo. Porén, as sentenzas eran aínda adecuadas debido a agravantes como "discriminación ideolóxica" contra os axentes da Garda Civil e as súas parellas. Iñaki Abad finalmente foi condenado a 6 anos de cárcere.[20]
O 9 de outubro de 2019 anunciouse a sentenza final do xuízo. O tribunal describiu os feitos como "execrábeis" por estaren dirixidos cara a axentes da Garda Civil. Porén, finalmente rexeitou os cargos de abuso de autoridade e discriminación ideolóxica.[21] A sentenza desestimou a petición do fiscal a mediados de setembro na que afirmou que "se atacou á Garda Civil por ser fiel ao Rei e ao pobo español".[22] As sentenzas foron reducidas, aínda que dous xuíces do cinco discreparon da decisión, por creren que os cargos de discriminación non debían ser descartados. As familias dos condenados e a súa avogada, Amaia Izko, consideraron as penas impostas como inxustas e non axustadas aos feitos obxectivos. Amais, destacaron a «carencia de garantías durante o proceso».[23]
Declaracións durante os procedementos
[editar | editar a fonte]O proceso converteuse no centro de atención dos medios de comunicación polas duras penas solicitadas e as circunstancias políticas ao redor do xuízo, incluíndo certas afirmacións:
"O que estamos a ver na España do século XXI é persoas pedíndolles a outras, cuxo traballo non lles gusta, que abandonen a cidade. Isto é xenofobia, racismo, fascismo en estado puro, que é o que defenden os supremacistas abertzales, impregnados dun nacionalismo anticuado". José Perals, fiscal.[24]
"Consideramos que se non se aprecia terrorismo en casos como estes retrocederiamos 20 anos, a aqueles momentos nos que [en referencia ás organizacións xuvenís de ETA] Segi, Jarrai e Haika campaban tranquilamente polos pobos do País Vasco e Navarra e algúns dicían que eran cousas dos mozos da gasolina, da kale borroka" José Perals.[24]
"[A sentenza mostra] un absoluto desprezo ao principio de xustiza, non é nada proporcional, é unha vinganza e ten unha intención clara de xerar dor”. Familias dos acusados.[25]
Reaccións
[editar | editar a fonte]Críticas ao ataque
[editar | editar a fonte]As duras e explícitas acusacións do fiscal cara aos acusados atraeron o apoio das principais asociacións de vítimas de ETA e o apoio explícito de partidos como Cidadáns ou o PP, que vían os feitos como parte da "estratexia de ETA".[26][27][28] O 22 de outubro de 2016 a líder de COVITE, Consuelo Ordóñez, visitou o municipio de Altsasu acompañada dunha notábel presenza de medios.[29] O día seguinte, o entón presidente Mariano Rajoy declarou que "non haberá ningunha impunidade" para a "agresión brutal".[30]
O 18 de abril de 2018 unhas 2.500 persoas (segundo datos da Delegación do Goberno en Navarra) acudiron á manifestación convocada en Pamplona por varios partidos (PP, UPN, PSN e Cidadáns) e dúas asociacións de vítimas de ETA en apoio aos axentes de Garda Civil, na que criticaron a posición do goberno navarro no asunto.[31][32] O 1 de xuño a Asociación Unificada de Guardas Civiles celebrou as sentenzas impostas, xa que servirían para que "remita paulatinamente a hostilidade" contra eles e se alcance o "clima de convivencia desexábel en toda sociedade democrática". A asociación engadiu que "non é aceptábel que nun Estado de dereito os traballadores da seguridade pública e os seus familiares, moitos deles menores de idade, non poidan vivir en paz a causa do uniforme que visten".[33]
O Partido Popular de Navarra criticou que o Parlamento de Navarra aprobase unha moción que, na súa opinión, "apoiaba aos verdugos e non ás vítimas".[34] Pablo Casado, presidente do PP, visitou o cuartel da Garda Civil en Altsasu durante a campaña das eleccións de 2018 para mostrar o seu apoio ao corpo policial. Declarou que "non pode haber ningunha imparcialidade entre matóns golpeando persoas inocentes nun bar e servidores públicos quen arriscan a súa vida loitando polos nosos dereitos e liberdades".[35]
Críticas ao proceso xudicial
[editar | editar a fonte]Por outra banda, o caso provocou indignación e perplexidade entre políticos, algúns sectores sociais e institucións de Altsasu, Navarra e Euskadi en xeral, que cuestionaron a versión oficial dos feitos.[36][37][38][39][40][41] En xullo de 2017 52 eurodeputados de cinco grupos parlamentarios asinaron un documento público en que pedían a intervención do presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, "en atención aos principios de proporcionalidade, xustiza e equidad". Destacaron que a petición da fiscalía era "desproporcionada, carente de sentido e antidemocrática".[42] A Comisión Europea respondeu que seguiría detidamente o proceso xudicial.[43]
A organización a prol dos dereitos humanos Amnistía Internacional definiu o caso como "unha ofensa moi seria", sinalado o risco de trivialización e ambigüidade do cargo de "terrorismo", así como o "desproporcionado" das acusacións.[44] A ONG mostrou tamén a súa preocupación polo proceso xudicial, xa que podería estar a incumprir "o principio de imparcialidade" e "discriminando aos acusados pola súa ideoloxía", engadindo que era inconcibíbel a acusación de "terrorismo".
En xuño de 2018 o antigo maxistrado da Audiencia Nacional Baltasar Garzón referiuse ao proceso como "unha vergoña" alimentada por unha necesidade de satisfacer rancores e vinganzas de determinados sectores en España mediante o uso da xustiza.[45] Igualmente o adestrador de fútbol Pep Guardiola criticou en xuño de 2019 os 900 días de prisión dos acusados. Sinalou na mesma liña ao Estado español por este e outros casos similares, como os relacionados co proceso independentista catalán.[46]
Por mor das audiencias de abril, entre 30.000 e 50.000 persoas manifestáronse nas rúas de Pamplona o 14 de abril de 2018 en apoio aos acusados e as súas familias e protestar contra as condicións en que se estaba a desenvolver o proceso xudicial. Á manifestación asistiron o alcalde da cidade, Joseba Asiron (EH Bildu) e María Solana, en representación do goberno navarro. Tamén foi apoiada polos sindicatos Langile Abertzaleen Batzordeak, Eusko Langileen Alkartasuna e Comisións Obreiras e polos partidos do goberno foral. Por outra banda, UPN, PSN, Cidadáns e o PP de Navarra criticaron a mobilización.[47][48][49][50]
O 5 de xuño de 2018 catro dos acusados foron inesperadamente arrestados entre fortes medidas de seguridade. Este feito aumentou o nivel de indignación contra o proceso xudicial e o sentimento de "desproporción" ao redor deste. Os pais dos arrestados declararon que o proceso enteiro era unha fraude chea de irregularidades, "unha aberración xurídica", e anunciaron unha manifestación en Pamplona o 16 de xuño. O Goberno Foral e o Parlamento de Navarra mostraron o seu apoio ás familias "na súa procura da xustiza".[51]
O 16 de xuño de 2018 entre 30.000 e 80.000 persoas tomaron as rúas da capital navarra baixo o lema "isto non é xustiza" en solidariedade cos mozos, recluídos a 500 quilómetros das súas casas.[52][53] A manifestación, das máis masivas celebradas en Pamplona nas últimas décadas, recibiu amplo apoio de personalidades políticas, de formacións como o PNV, EH Bildu ou Podemos, un gran número de sindicatos e de asistentes doutras partes do Estado.[54][55][56] O 24 de marzo de 2019, unha nova mobilización reuniu a entre 35.000 e 60.000 persoas en Altsasu baixo o mesmo lema da manifestación de xuño.[57][58][59][60] Un número significativo de manifestantes chegou doutras partes do Estado, sobre todo de Cataluña e Euskadi.[61]
Consecuencias políticas
[editar | editar a fonte]O caso converteuse nun asunto de grande importancia no discurso da dereita, cun alto contido nacionalista. O 4 de novembro de 2018 un grupo de persoas, dirixido por Albert Rivera, daquela líder do partido político Cidadáns, e por Fernando Savater, viaxou a Altsasu para un acto de apoio á Garda Civil e de condena aos acusados. O Partido Popular e Vox seguiron os seus pasos, cunha agresiva mensaxe contra o independentismo e esixindo o seu dereito a daren discursos no municipio navarro. Foron escoltados pola Garda Civil e a Policía Nacional nun ambiente tenso.
Un gran grupo de persoas manifestouse pola súa presenza no municipio. Durante todo o acto e os discursos, as campás da vila estiveron a repenicar, acompañadas por unha sirena e un concerto de rock convocado moi preto de dito evento. O 30 de maio de 2019 quen repenicaron as campás recibiron unha multa de 3000 €.[62]
En marzo de 2019, en vésperas de a Audiencia Nacional anunciar a sentenza, Pablo Casado, dirixente do PP, visitou o bar de Altsasu onde sucedeu a agresión para unha entrevista cun medio televisivo. O encontro foi interrompido polo dono do local, quen convidou a Casado a marchar do establecemento, ao non pediren permiso para gravar dentro do local.[63]
Os artistas Omar Jerez e Julia Martínez realizaron unha actuación o 13 de decembro de 2019 na praza dos Foros de Altsasu denunciando a agresión aos gardas civís.
En decembro de 2020 o caso volveu á luz dos medios e políticos españois pola estrea de Altsasu, unha miniserie baseada nos feitos, emitida en ETB1. Membros do Partido Popular e de Cidadáns esixiron a súa retirada «immediata».[64]
Ver tamén
[editar | editar a fonte]- Altsasu, serie de televisión baseada no caso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Parra | AP, Aritz (16 de abril de 2018). "Terrorism accusation in Basque bar brawl reopens old wounds" (en inglés). ISSN 0190-8286. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2018. Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ Madrid, Pascale Davies in (14 de abril de 2018). "Basque bar fight trial tests 10 years of fragile peace in the region" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "Caso Alsasua: piden apartar a la jueza Espejel por estar casada con un guardia civil. Noticias de España". Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ "Los jóvenes de Alsasua procesados por terrorismo recusan a la juez Espejel por estar casada con un coronel de la Guardia Civil" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ "Drakonische Strafen in Spanien" (en alemán). Consultado o 28 de marzo de 2019.
- ↑ "Estrasburgo no admite a trámite la demanda de los condenados por la agresión de Alsasua" (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2022.
- ↑ Elia, N. "La tensión política no remite en Alsasua". Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ Vasca, EiTB Radio Televisión Pública. "Covite denuncia a los imputados de Alsasua por delito de terrorismo" (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2018.
- ↑ España, La Nueva. "El fiscal pide 62 años a un detenido de Alsasua, 50 a otros seis y 12 a un octavo". Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ Barcelona, El Periódico / (26 de abril de 2018). "Un nuevo vídeo desmiente la versión de los guardias civiles de Alsasua". Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Los puntos negros del caso Altsasu: así se convierte una pelea de bar en 'terrorismo'". Consultado o 27 de xaneiro de 2019.
- ↑ España, La Nueva. "El fiscal pide 62 años a un detenido de Alsasua, 50 a otros seis y 12 a un octavo". Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ "La defensa de los detenidos en Alsasua denuncia que se les aplica la ley antiyihadista" (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Rechazada la petición de los acusados de Alsasua de apartar a la jueza Espejel". Consultado o 11 de agosto de 2018.
- ↑ La Audiencia Nacional no ve terrorismo en la agresión de Alsasua en elperiodico.com
- ↑ Vasca, EiTB Radio Televisión Pública. "Las familias de los jóvenes de Alsasua califican la sentencia de 'venganza'" (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2018.
- ↑ Vasca, EiTB Radio Televisión Pública. "La Guardia Civil detiene a los jóvenes condenados en el caso Alsasua" (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "La Fiscalía recurre la condena de Alsasua al entender que la agresión a dos guardias civiles sí fue terrorismo". Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ infoLibre. "La Audiencia Nacional reduce tres años la condena a un joven de Alsasua por un error en el cómputo". Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ Política, eldiario es. "La Audiencia Nacional confirma las penas para los condenados de Alsasua pero insiste en que no fue terrorismo". Consultado o 8 de marzo de 2019.
- ↑ "El Supremo rebaja las penas a los jóvenes de Alsasua, pero seguirán en prisión". Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ infoLibre (18 de setembro de 2019). "La Fiscalía afirma que en Alsasua se atacó a la Guardia Civil por ser "fiel al rey y al pueblo español"". Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ "El Supremo rebaja las penas a los jóvenes de Alsasua, pero seguirán en prisión".
- ↑ 24,0 24,1 Vázquez, Ángeles (26 de abril de 2018). "El fiscal acusa de terrorismo y fascismo a los agresores de Alsasua". Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ "Las familias de los condenados de Alsasua: “Es una venganza, un absoluto desprecio al principio de justicia”". Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ Cuevas, Paloma (17 de abril de 2018). "Vivas a España y a la Guardia Civil en el acto en apoyo a los agentes de Alsasua" (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ Doria, Javier Lorente (17 de abril de 2018). "Víctimas de ETA congregan a cientos de personas en apoyo a las víctimas de Alsasua". Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ Pérez, Fernando J. (24 de abril de 2018). "La Guardia Civil relaciona la agresión de Alsasua con la estrategia de ETA". Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ Press, Europa (22 de outubro de 2016). "Consuelo Ordóñez encabeza en Alsasua un "acto de rebeldía" en medio de una protesta contra la Guardia Civil" (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2018.
- ↑ "Rajoy asegura que "no habrá impunidad" tras la "brutal agresión" de Alsasua". Consultado o 23 de xuño de 2018.
- ↑ Vasca, EiTB Radio Televisión Pública. "Unas 2.500 personas apoyan a los guardias civiles agredidos en Alsasua" (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ Doria, Javier Lorente (17 de abril de 2018). "Víctimas de ETA congregan a cientos de personas en apoyo a las víctimas de Alsasua". Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ Press, Europa (1 de xuño de 2018). "AUGC espera que baje la hostilidad hacia los guardias civiles tras la condena por acoso contra los agentes de Alsasua". Consultado o 25 de marzo de 2019.
- ↑ "Pablo Casado denuncia en Alsasua que "no hay equidistancia entre matones y servidores públicos"". Consultado o 21 de xullo de 2018.
- ↑ "‘Bar brawl’ sentence rejects terror theory but sparks outrage" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2018.
- ↑ "Barkos avisa de que la Comisión Europea puede darle "otro tirón de orejas" a España con las agresiones de Alsasua". Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ "Uno de los presos de Altsasu, castigado por agradecer las muestras de solidaridad" (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ "Bilbao denuncia la 'injusticia' del caso Altsasu a menos de un mes de que empiece el juicio" (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ Doria, Javier Lorente (17 de abril de 2018). "Víctimas de ETA congregan a cientos de personas en apoyo a las víctimas de Alsasua". Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ "Una marea humana pide justicia para los jóvenes de Altsasu: 'No son terroristas'" (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ "Alsasua, el caso de la agresión a guardias civiles que causa indignación en Navarra". Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ "52 eurodiputados piden a Juncker que intervenga en el caso Altsasu" (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2018.
- ↑ "La Comisión Europea seguirá de cerca el juicio contra los jóvenes de Altsasu" (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2018.
- ↑ Vasca, EiTB Radio Televisión Pública. "AI, sobre el 'Caso Alsasua': 'No debe existir definición vaga de terrorismo'" (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ "Alsasua: el terrorismo como obsesión". Consultado o 20 de xuño de 2018.
- ↑ "Pep Guardiola: "I am deeply offended that the pro-independence parties do not stand together"" (en catalán). 30 de xuño de 2019. Consultado o 4 de xullo de 2019.
- ↑ Doria, Javier Lorente (15 de abril de 2018). "Miles de personas defienden a los detenidos de Alsasua". Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ "Barkos cree hay que responder a "incontestable" manifestación de caso Alsasua". Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ "Una marea humana pide justicia para los jóvenes de Altsasu: 'No son terroristas'" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ "Una marea humana pide justicia para los jóvenes de Altsasu: 'No son terroristas'" (en castelán).
- ↑ "‘Bar brawl’ sentence rejects terror theory but sparks outrage" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ Vasca, EiTB Radio Televisión Pública. "80.000 personas abarrotan Pamplona reclamando justicia para los jóvenes de Alsasua" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ "Miles de personas se manifiestan en Pamplona para pedir "justicia y proporcionalidad" en el 'caso Alsasua'". Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ "Una histórica marea humana pide la libertad de los jóvenes de Altsasu" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ Vasca, EiTB Radio Televisión Pública. "80.000 personas abarrotan Pamplona reclamando justicia para los jóvenes de Alsasua" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ "Miles de personas se manifiestan en Pamplona para pedir "justicia y proporcionalidad" en el 'caso Alsasua'". Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ "Una multitudinaria manifestación rechaza la sentencia del caso Altsasu". Consultado o 24 de marzo de 2019.
- ↑ Ariztegi, Miguel M. "Decenas de miles de personas rechazan en Alsasua la sentencia de la Audiencia Nacional". Consultado o 24 de marzo de 2019.
- ↑ infoLibre (24 de marzo de 2019). "Una multitudinaria manifestación rechaza la sentencia del 'caso Alsasua'". Consultado o 24 de marzo de 2019.
- ↑ "Milers de persones es manifesten a Altsasu en contra de la sentència de l'Audiència Nacional" (en catalán). 24 de marzo de 2019. Consultado o 24 de marzo de 2019.
- ↑ "60.000 personas marchan en Alsasua contra las penas impuestas a ocho jóvenes". Consultado o 24 de marzo de 2019.
- ↑ "Más de tres mil euros en multas por las campanadas contra Rivera en Altsasu". Consultado o 2 de xuño de 2019.
- ↑ "Lo ha vuelto a hacer: Eduardo Inda monta el show en Alsasua junto a Pablo Casado" (en castelán). 7 de marzo de 2019. Consultado o 8 de marzo de 2019.
- ↑ Ormazabal, Mikel (18 de decembro de 2020). "Una ficción sobre el ‘caso Alsasua’ agita el debate político en Euskadi" (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.