Saltar ao contido

Castanopsis acuminatissima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Castanopsis acuminatissima

Poliña de Castanopsis acuminatissima
nun herbario
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Castanopsis
Especie: C. acuminatissima
Nome binomial
Castanopsis acuminatissima
(Blume) A.DC., 1863

Castanopsis acuminatissima é unha especie da familia das fagáceas pertencente ao xénero Castanopsis, propia do Sueste asiático e Nova Guinea.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1863 polo naturalista e botánico alemán-neerlandés Carl Ludwig Blume, baixo o nome Castanea acuminatissima, nun traballo publicado en Journal of Botany, British and Foreign. London 1: 182.[2]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Castanea acuminatissima Blume (protónimo)
  • Castanea sessilifolia Blume
  • Castanopsis acuminatissima (Blume) Rehder
  • Castanopsis bejaudii A.Camus
  • Castanopsis junghuhnii (Miq.) Hayata
  • Castanopsis junghuhnii (Miq.) Markgr.
  • Castanopsis nebularum Hickel & A.Camus
  • Castanopsis schlenckerae F.M.Bailey
  • Castanopsis sessilifolia (Blume) A.DC.
  • Pasania acuminatissima (Blume) Oerst.
  • Quercus acuminatissima (Blume) A.DC.
  • Quercus fagiformis Jungh.
  • Quercus junghuhnii Miq.
  • Quercus lineata Miq.
  • Quercus varingifolia Miq.
  • Synaedrys acuminatissima (Blume) Koidz.
  • Synaedrys fagiformis (Jungh.) Koidz.

Características

[editar | editar a fonte]

Castanopsis acuminatissima é unha árbore de copa grande, de até os 40 m de altura. O tronco está marcadamente estriado. A casca é de cor gris ou parda pálida, rugosa e fisurada, de menos de 25 mm de grosor, co interior vermello. As follas son simples, de 9,0 a 11,5 cm de longo e de 2,5-3,5 cm de largo, e dispostas en espiral ao longo das pólas. Os froitos son noces simples, de 1 a10 mm de diámetro.[3]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Castanopsis acuminatissima esténdese desde o suroeste da China (provincias de Guizhou e Yunnan) até Indochina (Laos, Myanmar, Tailandia, Vietnam) e os outeiros de Chittagong de Bangladesh e Malaisia (nas illas de Sulawesi, Xava, Borneo e Sumatra), en Indonesia (na illa de Nova Guinea (Papúa Occidental) e en Papúa Nova Guinea e en Nova Bretaña.[3][4]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

En Nova Guinea e Nova Bretaña é unha árbore predominante nos bosques montanos, onde se encontra entre os 900-1000 e os 2000 m de altitude.[5] Tamén pode encontrarse en elevacións máis baixas en bosques de outeiros, en asociación con Hopea papuana e Casuarina papuana, tolerantes á seca.[6]

  1. Barstow, M. (2018): Castanopsis acuminatissima na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 4 de xullo de 2020.
  2. 2,0 2,1 Castanopsis acuminatissima (Blume) A.DC. no GBIF. Consultado o 4 de xullo de 2020.
  3. 3,0 3,1 Castanopsis acuminatissima en Guide to Trees of Papua New Guinea. Consultada o 4 de xullo de 2020.
  4. Castanopsis acuminatissima (Blume) A. DC. en U.S. National Plant Germplasm System. Consultada o 4 de xullo de 2020.
  5. "Central Range montane rain forests". Terrestrial Ecoregions. World Wildlife Fund. Consultada o 4 de xullo de 2020.
  6. "Papua New Guinea", en FAO Forestry country profiles - natural woody vegetation.