Castelo de Alaejos
Aparencia
Castelo de Alaejos | |
---|---|
Ruínas do castelo de Alaejos | |
Edificio | |
Tipo | Castelo |
Localización | Alaejos (provincia de Valladolid) |
Coordenadas | 41°18′21″N 5°13′09″O / 41.305738888889, -5.2190361111111 |
Propietario | Concello de Alaejos |
Construción | |
Construción | Século XV |
Destruído | Si |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castelo de Alaejos é unha fortaleza de orixe medieval situada na poboación de Alaejos (provincia de Valladolid). Na actualidade aínda se poden visitar as ruínas do castelo, que se converteron nun depósito arqueolóxico.
Historia
[editar | editar a fonte]A fortaleza foi construída en 1453 por orde do bispo de Ávila, Alonso de Fonseca, quen tamén mandou levantar o castelo de Coca. Entre os seus muros estivo encerrada a raíña de Castela Xoana de Portugal, nai de Xoana a Beltranexa e muller de Henrique IV de Castela. En 1673 atopábase xa en ruínas. Na primavera do ano 2011 realizouse a escavación de sondaxes arqueolóxicas na fortaleza.