Castelo xaponés
Os castelos xaponeses (城 shiro?) eran fortalezas compostas principalmente de pedra e madeira. Estes evolucionaron das construcións de madeira dos séculos anteriores até as formas coñecidas do século XVI. Do mesmo xeito que os castelos europeos, os xaponeses eran construídos para vixiar lugares estratéxicos ou importantes como portos, ríos, camiños e case sempre tiñan en conta as características do lugar para a súa defensa.
Os castelos xaponeses viviron diversas etapas de destrución. Durante o shogunato Tokugawa decretouse unha lei para limitar o número de castelos a un por cada daimio (señor feudal), polo que moitos foron destruídos. Despois da caída do sistema shogunal e a volta ó poder do emperador durante a Restauración Meiji, novamente moitos castelos foron destruídos e algúns outros desmantelados, nun intento de rachar co pasado e modernizar o país. Durante a segunda guerra mundial, moitos foron destruídos polos bombardeos ás rexións da costa do océano Pacífico e só algúns de áreas illadas, como o castelo Matsue ou o castelo Matsumoto ficaron intactos.
Hoxe en día só quedan quince castelos que se conserven daqueles tempos, malia que se pensa que puideron ter existido máis de cincocentos.[1] Algúns castelos como o de Hiroshima que desapareceron coa bomba atómica de 1945, foron reconstruídos.[2]
Actualmente, a maioría convertéronse en museos, acollendo obxectos de importancia da rexión, e explican a historia local.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo xaponés |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Turnbull, Stephen (1979). Samurai Armies 1550-1615. Oxford,Osprey Publishing.
- Turnbull, Stephen (2002). War in Japan 1467-1615. Oxford,Osprey Publishing.
- Blomberg, Catharina (1994). The Heart of the Warrior: Origins and Religious Background of the Samurai System in Feudal Japan. Routledge. ISBN 1-87341-013-1.
- Bryant, Anthony (1994). Samurai: 1550-1600. Osprey Publishing. ISBN 1-85532-345-1.
- Bryant, Anthony (1995). Sekigahara 1600: The final struggle for power. Osprey Publishing. ISBN 1-85532-395-8.
- Frédéric, Louis (2005). Japan encyclopedia. Harvard University Press. ISBN 0-67401-753-6.
- Mitchelhill, Jennifer (2003). Castles of the samurai: power and beauty. Kodansha International. ISBN 4-77002-954-3.
- Sansom, George (1961). A History of Japan 1334-1615. Stanford University Press.
- Turnbull, Stephen (1979). Samurai Armies 1550-1615. Oxford,Osprey Publishing. ISBN 0-85045-302-X.
- Turnbull, Stephen (1996). Samurai Warfare. Sterling Publishing Co. ISBN 1-85409-280-4.
- Turnbull, Stephen (1998). The Samurai Sourcebook. Cassell & Co. ISBN 1-85409-523-4.
- Turnbull, Stephen (2002). War in Japan 1467-1615. Oxford,Osprey Publishing. ISBN 1-84176-480-9.
- Turnbull, Stephen (2003). Japanese castles 1540-1640. Oxford,Osprey Publishing. ISBN 1-84176-429-9.
- Turnbull, Stephen (2003b). Ninja, AD 1460 - 1650. Osprey Publishing. ISBN 1-84176-525-2.
- Turnbull, Stephen (2006). Samuráis, La Historia de los Grandes Guerreros de Japón. Libsa. ISBN 84-662-1229-9.
- Turnbull, Stephen (2008). Japanese Castles AD 250-1540. Oxford,Osprey Publishing. ISBN 1-84603-253-9.