Castro da Pena Negra
Aparencia
Castro da Pena Negra | |
---|---|
Parroquia | Margaride, Negreiros, O Castro, Ponte e Silleda |
Concello | Silleda |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA36052032 |
Cronoloxía | |
Estado actual | Mal conservado |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro da Pena Negra é un castro situado nun lindeiro múltiple entre as parroquias de Margaride, Negreiros, O Castro, Ponte e Silleda, no concello pontevedrés de Silleda.
Descrición
[editar | editar a fonte]Situado no Coto da Pena Negra a uns 513 msnm, estaba formado por unha croa e un antecastro, a primeira conserva restos dun foxo e dun terraplén polo norte e o segundo bordeado por unha muralla.
Na actualidade atópase en mal estado debido ás activades agrícolas no seu contorno debidas á concentración parcelaria das parroquias do Castro e Ponte. Na súa parte máis alta atópase un vértice xeodésico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Presas García, Antonio e García Porral, Xoan Carlos (2014): O Mundo dos Castros: A Comarca de Deza. Faro de Vigo, 131 páxs. ISBN 978-84-616-7983-6.