Catalunya en Comú-Podem
Aparencia
Catalunya en Comú-Podem | |
---|---|
Partido político | |
Historia | |
Fundación | 2017 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda, federalismo, feminismo, ecoloxismo, catalanismo, socialismo democrático |
Outros datos | |
Na rede | |
catalunyaencomupodem.cat | |
Catalunya en Comú-Podem é unha coalición política catalá de esquerdas creada para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017, formada por Catalunya en Comú, Podem, Barcelona en Comú, Iniciativa per Catalunya Verds e Esquerra Unida i Alternativa[1] e co apoio tamén de Equo Catalunya. A candidatura foi liderada por Xavier Domènech.[2]
É sucesora da coalición Catalunya Sí que es Pot creada para as eleccións ao Parlament de 2015. Catalunya en Comú-Podem obtivo 8 escanos, 7 por Barcelona e 1 por Tarragona, 3 menos que a súa antecesora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Documento de constitución da coalición presentado á Xunta Electoral Central". 7 de novembro de 2017. Consultado o 1 de decembro de 2017.
- ↑ "DOGC núm. 7498 (19/11/2017)" (PDF). 19 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 19 de novembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catalunya en Comú-Podem |
- Páxina oficial (en catalán)