Catherine McCormack
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-gb) Catherine Jane McCormack 3 de abril de 1972 (52 anos) Epsom, Reino Unido |
Educación | Oxford School of Drama (en) |
Altura | 1,7 m |
Cor dos ollos | Abelanado |
Cor do pelo | Hazel hair (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, produtora, actriz de cinema, actriz de teatro |
Período de actividade | 1994 - |
Catherine Jane McCormack,[1] nada en Epsom, Surrey, Inglaterra[2] o 3 de abril de 1972,[1][2] é unha actriz británica coñecida polas súas aparicións en filmes como Braveheart, Xogo de espías e Dangerous Beauty.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A pesar de nacer en Inglaterra ten ascendencia irlandesa por parte dun dos seus avós.[3] A súa nai morreu de lupus cando tiña só seis anos e o seu pai que era obreiro metalúrxico tivo que encargarse el só dela e do seu irmán Stephen.[4]
McCormack foi educada segundo a moral da relixión católica,[5] aínda que actualmente defínese como unha "católica caducada". Foi ó convento da Nosa Señora da Providencia e posteriormente estudou na escola de arte dramática de Oxford.[6]
Cine
[editar | editar a fonte]O primeiro papel notable de McCormack foi como Murron MacClannough no filme gañador de varios premios Oscar, Braveheart. Porén, o seu debut na pantalla foi como protagonista do filme ''Loaded'' dirixido por Anna Campion, e posterirmente declarou que fora unha época "miserable coa directora (Anna Campion)... era o meu primeiro traballo nun filme, tiña que estar entre algodóns, tiñamos que ser axudados a través dela, e non foi así. Sobre todo, foi unha experiencia horrible".[4] Despois de Braveheart, McCormack fixo papeis principais en Northstar de Nil Gaup e Dangerous Beauty de Marshall Herskovitz. Outros filmes son Xogo de espías e 28 Weeks Later. A pesar da demanda dos directores, fai poucos filmes, afirmando que "lin moitos guións e moi poucos me apaixonan... Se cadra un de cada vinte ou trinta anos".[7]
Teatro
[editar | editar a fonte]McCormack sempre mostrou unha preferencia cara ao teatro ó longo da súa traxectoria.[4] Foi unha das elixidas para o elenco orixinal londiniense da obra de Patrick Barlow The 39 Steps.[8] No 2008, interpretou o papel de Nora en A Doll's House,[9] dirixida por Peter Hall no Teatro Real de Bath, así como o papel de Isabel Archer na adaptación teatral de The Portrait of a Lady,[10] os cales comezaron en xullo de 2008 e finalizaron en agosto.
No 2009 apareceu na xira británica da adaptación de Headlong Six Characters in Search of an Author. En 2012, intepretou a Juana Inés de la Cruz na produción da Royal Shakespeare Company da obra The Heresy of Love.[11]
Nomeamentos
[editar | editar a fonte]Foi nomeada polos premios teatrais Laurence Olivier Awards no 2001 polo mellor papel secundario feminino en All My Sons no Real Teatro Nacional de Cottesloe Stage.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Loaded (1994)
- Wycliffe (1 episodio, "The Scapegoat", 1994)
- Braveheart (1995)
- North Star (1996)
- Deacon Brodie (1997), Televisión
- The Land Girls (1998)
- Dangerous Beauty (1998)
- Dancing at Lughnasa (1998)
- This Year's Love (1999)
- Love in the 21st Century (1 episodio, "Reproduction", 1999)
- The Debtors (1999)
- Shadow of the Vampire (2000)
- A Rumor of Angels (2000)
- The Weight of Water (2000)
- Born Romantic (2000)
- The Tailor of Panama (2001)
- Armadillo (2001, TV)
- Xogo de espías (2001)
- Broken Morning (2003, TV)
- Gunpowder, Treason & Plot (2004, TV)
- Strings (2004; dobraxe na versión en inglés)
- Kenneth Tynan: In Praise of Hardcore (2005, TV)
- A Sound of Thunder (2005)
- Elizabeth David: A Life in Recipes (2006, TV)
- Renaissance (2006, dobraxe)
- Ancient Rome: The Rise and Fall of an Empire (1 episode, "Nero", 2006)
- The Moon and the Stars (2007)
- 28 Weeks Later (2007)
- Stevie (2008)
- Midnight Man (2008), Televisión
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ms Catherine Jane McCormack company-director-check.co.uk. Consultado o 1 de abril de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 "20 Questions With ... Catherine McCormack" whatsonstage.com (8 de febreiro de 2012). Consultado o 1 de abril de 2012.
- ↑ "Catherine McCormack — Life after Braveheart". Macbraveheart.co.uk. 29 de maio de 2001. Consultado o 5 de maio de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Duerden, Nick. Catherine McCormack: The play's the thing, The Independent, 10 de agosto de 2006. Consultado o 29 de setembro de 2009.
- ↑ "Catherine McCormack - Actress in Braveheart - Esquire". Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2009. Consultado o 29 de setembro de 2009., Esquire, 30 de novembro de 2002. Consultado o 29 de setembro de 2009.
- ↑ "Catherine McCormack Biography — Yahoo! Movies". Movies.yahoo.com. 1 de xaneiro de 1972. Consultado o 5 de maio de 2010.
- ↑ Blackwelder, Rob. UNRECOGNIZED 'BEAUTY': The surprising off-screen Catherine McCormack Arquivado 3 de marzo de 2016 en Wayback Machine., SPLICEDwire, 6 de febreiro de 1998. Consultado o 29 de setembro de 2009.
- ↑ Cavendish, Dominic. Irreverent romp down the nostalgia track, The Telegraph, 18 de agosto de 2006. Consultado o 29 de setembro de 2009.
- ↑ Theatre Royal – A Doll's House Arquivado 19 de maio de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ Theatre Royal – The Portrait of a Lady Arquivado 19 de maio de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ "The Heresy of Love - By Helen Edmundson - Royal Shakespeare Company". www.rsc.org.uk.