Saltar ao contido

Catorra de Kramer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A catorra de Kramer[2] (Psittacula krameri) é unha especie de ave psitaciforme da familia Psittaculidae orixinaria de África e do sur de Asia. É empregada como ave de gaiola. Está amplamente distribuída por outras partes do mundo debido a escapes e soltas.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Psittacula, é un diminutivo do latín psittacus, 'papagaio'. O epíteto krameri é unha homenaxe ao naturalista austríaco Wilhelm Heinrich Kramer, por iso o seu nome común é catorra de Kramer.

Descrición e comportamento

[editar | editar a fonte]
Varias mutacións criadas en catividade da catorra de Kramer.

A cotorra de Kramer posúe dimorfismo sexual, a diferenza doutros tipos de catorras. Así pois, os machos adultos locen un anel no pescozo de cor rosa e negra, mentres que as femias e os novos non mostran aneis no pescozo ou, de o ter, dunha cor cinsenta.

Ambos os sexos teñen unha cor verde distintiva na natureza. Os criados en cativerio teñen múltiples mutacións de cor: azul, amarela, branca, rosa, canela etc. Estas catorras miden uns 40 cm de longo, incluídas as plumas da cola, unha gran parte da súa lonxitude total. A súa lonxitude media de á única é de aproximadamente 15 a 17,5 cm.

En estado salvaxe, produce sons inconfundibles. Pode aprender a imitar algunhas palabras, pero non ten excelente capacidade de imitar como outros papagaios. Tanto os machos como as femias teñen a capacidade de imitar a fala humana. Primeiro, a cotorra escoita a súa contorna e logo copia a voz do falante humano. Algunhas persoas críanas á man con papa para este propósito. Os devanditos papagaios vólvense bastante mansos e receptivos á aprendizaxe.

Dúas catorras nunha árbore.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Orixinalmente distribuíase na India, Paquistán, Sri Lanka, Nepal e África, entre outros. Non migra.

Desde o século XIX, a cotorra de Kramer colonizou con éxito moitos outros países. Reprodúcese máis ao norte que calquera outra especie de catorra. Estableceuse a gran escala en Alemaña, Francia, Bélxica, os Países Baixos, Italia e, especialmente, o Reino Unido. Actualmente, debido a unha solta incontrolada, é unha praga na cidade de Sevilla en España.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Na natureza, as cotorras de Kramer ​​xeralmente aliméntanse de gromos, froitas, verduras, noces, bagas e sementes. As bandadas salvaxes tamén voan varias millas para buscar alimento en hortos, causando grandes danos aos cultivos agrícolas. As cotorras salvaxes visitan regularmente os xardíns e outros lugares preto da habitación humana e toman comida de comedeiros para aves.

Na India, aliméntanse de grans de cereal, e durante o inverno tamén de Cajanus cajan. En Exipto, durante a primavera, aliméntanse de moreiras. No verán aliméntanse de dátiles, aniñan dentro das palmeiras e comen dos campos de xirasol e de millo.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Psittacula krameri - MHNT

No noroeste da India, as catorras de Kramer forman parellas de setembro a decembro. Non teñen compañeiros de vida e, a miúdo, reprodúcense con outra parella durante a seguinte tempada de reprodución. Durante esta estación fría, seleccionan e defenden os sitios de aniñación, de modo que evitan así a competencia polos sitios con outras aves. Alimentarse con cultivos de chícharos de inverno proporciónalle á femia os nutrientes necesarios para a produción de ovos. A femia pon de dous a seis ovos e incúbaos ela, xa que o macho raras veces participa na incubación. Aproximadamente aos 23 días nacen os pichóns, que de abril a xuño son coidados e alimentados polos seus pais. Os pichóns deixan o niño antes da tempada do monzón.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense catro subespecies, dúas de cada unha agrupadas nun continente distinto:

Subespecies africanas

[editar | editar a fonte]

Subespecies asiáticas

[editar | editar a fonte]

Especie invasora

[editar | editar a fonte]

Debido ao seu potencial colonizador e a constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto. Polo tanto, está prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[4]

A Xunta de Galicia tamén a considera unha especie invasora en Galicia. Nesta comunidade atópase principalmente na provincia de Pontevedra e na cidade da Coruña.[5][6]

A Comunidade de Madrid, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no artigo 22, da Orde 1613/2013, de 25 de xuño, establece o permiso regulado para a captura e morte de calquera exemplar de cotorra de Kramer (Psittacula krameri) e de cotorra arxentina (Myiopsitta monachus), durante a práctica de calquera actividade cinexética autorizada, durante os períodos hábiles de caza. Ademais, faculta a todos os municipios da Comunidade de Madrid para establecer mecanismos de control das especies de fauna declaradas como exóticas invasoras, dado que supoñen un risco para algunhas especies autóctonas, especialmente o nóctulo grande, ao que esta ave expulsa dos seus refuxios nas cavidades dos troncos.[7][8]

  1. BirdLife International (2012). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-02. 
  3. "Quieren acabar con las cotorras" "20minutos.es". 4 de xuño de 2008. Consultado o 18 de abril de 2010. 
  4. "Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras.". Boletín Oficial del Estado. 
  5. "Catorra de Kramer". Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Xunta de Galicia. Consultado o 02/01/2024. 
  6. del Moral, Juan Carlos; Somoza, A.; Muñoz, A. R.; Molina, B. (2017). La cotorra de Kramer en España, población reproductora en 2015 y método de censo. Madrid: SEO/BirdLife. doi:10.31170/0058. 
  7. Comunidad de Madrid (15 de xullo de 2013). Comunidad de Madrid, ed. "BOLETÍN OFICIAL DE LA COMUNIDAD DE MADRID". Boletín oficial de la comunidad de Madrid (en español). Madrid. Consultado o 15 de xullo de 2013. 
  8. "A la caza de cotorras". Consultado o 23 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]