Catro tigres asiáticos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Denomínanse tigres asiáticos, catro tigres asiáticos ou dragóns asiáticos ás economías altamente desenvolvidas de Hong Kong, Singapur, Taiwán e Corea do Sur que partindo dunha economía tradicional mantiveron elevadas taxas de crecemento económico e unha rápida industrialización entra a década de 1960 e a de 1990 e na actualidade son territorios desenvolvidos economicamente.
Foron economías que se centraron no desenvolvemento de bens para a exportación aos países industrializados, favorecida por unha man de obra barata, mentres deixaban nun lugar secundario o desenvolvemento do consumo interno, experimentando excedentes comerciais; tamén promoveron a educación en todos os niveis como método para aumentar a produtividade. E utilizaron estratexias agresivas para atraer capital estranxeiro. O seu modelo foi o Xapón, que co seu constante crecemento económico creou un mercado dinámico na zona circundante, e á súa vez, a experiencia destes países marcou a outros territorios da rexión que posteriormente seguiron o seu exemplo, coñecéndose como novos tigres asiáticos.