Saltar ao contido

KK Cedevita Olimpija

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cedevita Olimpija»)
Cedevita Olimpija
Información xeral
Nome Košarkarski klub Cedevita Olimpija
Liga 1. SKL / ABA
Alcume Zmaji (Dragóns)
Fundación 2019
Cores           Verde, laranxa
Presidente Croacia Emil Tedeschi
Adestrador Croacia Jurica Golemac
Localización
Cidade Eslovenia Liubliana, Eslovenia
Pavillón Arena Stožice
Capacidade 12 480
Inauguración 10 de agosto de 2010
Campionatos
Liga 2 (2021, 2022)
Copa 1 (2022)
Supercopa 2 (2020, 2021)
cedevita.olimpija.com
Non confundir con KK Cedevita ou KK Olimpija.

O Košarkarski klub Cedevita Olimpija, usualmente coñecido como KK Cedevita Olimpija ou simplemente Olimpija, é un club de baloncesto profesional con sede en Liubliana, Eslovenia. O club compite na Liga de Eslovenia, na ABA Liga (Liga do Adriático), así como na EuroCup. O club foi fundado en 2019 tras a fusión do club esloveno máis exitoso, o KK Olimpija, e o destacado equipo croata KK Cedevita. O Cedevita Olimpija herdou 70 trofeos dos dous antecesores e as súas licenzas de competición.

O KK Cedevita Olimpija é o resultado da fusión de dous clubs de países veciños, o esloveno Olimpija de Liubliana e o croata Cedevita de Zagreb. A historia do Olimpija remóntase a 1946. O club foi unha das primeiras potencias da Liga Iugoslava con Ivo Daneu liderando a seis títulos domésticos entre 1957 e 1970. Despois da independencia de Eslovenia en 1991, Olimpija gañou dez dos once campionatos entre 1992 e 2002. A nivel europeo tamén gañara a Recopa de Europa na temporada 1993–94, alén de ter disputado en tres ocasións a Final Four da Copa de Europa, a última en 1997 da man Arriel McDonald e Marko Milič. A nivel doméstico, despois da independencia eslovena, o Olimpija conseguiu un total de 17 Ligas e 20 Copas.

Por outra banda, o Cedevita posuía nas súas vitrinas de cinco campionatos de Liga e sete torneos de Copa. O club fora fundado en Zagreb en 1991 como KK Botinec, chegando por vez primeira á máxima categoría en 2002. As súas ambicións do equipo aumentaron cando Atlantic Grupa asumiu a dirección do club en 2005, mudando o seu nome a Cedevita. O Cedevita chegou a debutar na Euroliga na temporada 2012-13.

O 4 de xuño de 2019, anunciouse a intención de ambos clubs de fuisonarse e formar o Cedevita Olimpija, un novo club de baloncesto profesional con sede en Liubliana.[1] O 13 de xuño, os consellos de administración de Cedevita e Olimpija confirmaron o nomeamento de Davor Užbinec como director xeral e Sani Bečirovič como director deportivo, sendo o novo club estabelecido oficialmente o 8 de xullo. O KK Cedevita continuou competindo co nome de Cedevita Junior, regresando á máxima división do baloncesto croata na temporada 2020−21.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]

Ambos dorsais retirados corresponden a xogadores do KK Olimpija.

Dorsais retirados polo Cedevita Olimpija
Xogador Posición Etapa
12
Eslovenia Marko Milič Ala-pivote 1994–1997, 1999–2000, 2006–2009
13
Eslovenia Ivo Daneu Base 1956–1970

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Liga

  • Campións (2): 2021, 2022

Copa

  • Campións (1): 2022

Supercopa

  • Campións (2): 2020, 2021

Palmarés herdado

[editar | editar a fonte]

Despois da fusión, o novo club obtivo o dereito aos trofeos dos dous clubs predecesores.[2]

Honours No. Years
Liga nacional – 28
Liga de Iugoslavia (1946–1991)OL Campións 6 1957, 1959, 1961, 1962, 1966, 1970
Liga de Eslovenia (1991–2019)OL Campións 17 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2002, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2017, 2018
Liga de Croacia (1991–2019)CZ Campións 5 2014, 2015, 2016, 2017, 2018
Copa nacional – 27
Copa de Eslovenia (1991–2019)OL Campións 20 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2017
Copa de Croacia (1991–2019)CZ Campións 7 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019
Supercopa nacional – 10
Supercopa de Eslovenia (2003–2019)OL Campións 8 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013, 2017
Supercopa de Croacia (2011–2015)CZ Campións 2 2011, 2015
Competicións rexionais – 4
Liga do Adriático (2001–2019)OL Campións 1 2002
Liga Centro Europea (1992–1994)OL Campións 2 1993, 1994
Supercopa do Adriático (2017–2018)CZ Campións 1 2017
Competicións europeas – 1
Copa Saporta (1966–2002)OL Campións 1 1994
Notas
  1. R. K.; Tilen Jamnik (4 de xuño de 2019). "Cedevita Olimpija – slovenski klub Eurocup oz. Evroligo in vrh Lige ABA" (en esloveno). Liubliana: RTV Slovenija. 
  2. "Kratka zgodovina kluba" [Pequena historia do club]. cedevita.olimpija.com (en esloveno). Consultado o 8 de agosto de 2019. ...v vitrinah pa je moč najti trofeje, ki sta jih osvojila tako KK Olimpija Ljubljana, kot tudi KK Cedevita Zagreb. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]