Celestino Formoso Vidal
Monólito de homenaxe a Ito Formoso no monte Louro | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 Louro, España |
Morte | 13 de xuño de 2004 (48/49 anos) Serres, España |
Causa da morte | infarto |
Alcalde de Muros | |
maio de 1996 – 13 de xuño de 2004 (finado no cargo) ← Xosé Lago Hermida – Caridad González Cerviño → | |
Actividade | |
Ocupación | político, armador |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Celestino Formoso Vidal, coñecido como Ito Formoso, nado en Louro (Muros) en 1955 e finado o 13 de xuño de 2004 en Serres (Muros), foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Armador de arrastre e patrón de pesca. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muros tralas eleccións municipais de 1987 e manténdose tralas de 1991 e 1995, neste último caso como número 2, ocupando respondabilidades de goberno durante a alcaldía de Xosé Lago Hermida. Tralo falecemento deste, foi elixido alcalde en maio de 1996, continuando o goberno de coalición que se mantiña co BNG dende as últimas eleccións. En decembro de 1998 rachouse o pacto co BNG e gobernou o resto do mandato en minoría. Encabezou a candidatura socialista nas municipais de 1999, gañando con maioría simple e sendo reelixido alcalde formando goberno co PPdeG, o cal se vira afectado por unha notable escisión en torno ó CDI. Nas municipais de 2003 encabezou de novo a candidatura socialista, pero nesta ocasión empatou a concelleiros cos independentes, os cales os superaron lixeiramente en votos, pero puido conservala alcaldía ó pactar un goberno co BNG.
Faleceu dun infarto o 13 de xuño de 2004 no seu domicilio na parroquia de Serres, sendo substituído na alcaldía pola número 2 socialista, Caridad González Cerviño.
Predecesor: Xosé Lago Hermida |
Alcalde de Muros 1996 - 2004 |
Sucesor: Caridad González |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estaba casado e tiña 3 fillas. En decembro de 2004 erixiuse un monólito na súa memoria xunta o faro de Monte Louro.