Celestino Noriega Labra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
17 de abril de 1931 – maio de 1931 (destitución) – José López Rodríguez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Celestino Noriega Labra foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido segundo tenente alcalde. Volveu ser concelleiro en 1927 co alcalde José Meleiro, sendo un dos promotores da homenaxe que se lle tributou en Celanova o 19 de marzo de 1927.[1] Foi o primeiro presidente do Sindicato Agrícola y Ganadero del Municipio de Celanova, constituído en xaneiro de 1929,[2] que solicitou o ingreso na Confederación Agraria en xullo dese ano.[3] Na Segunda República foi elixido alcalde de Celanova o 17 de abril de 1931. Foi destituído polo gobernador civil en maio de 1931, por desobediencia ás ordes do gobernador civil respecto da celebración do Primeiro de Maio.[4] Días despois foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil.[5] Participou no Congreso Agrario de 1933, sendo un dos nomeados para o relatorio que debía redactar un novo regulamento para a Federación.[6]
Predecesor: Casto Álvarez Vázquez |
![]() Alcalde de Celanova 1931 |
Sucesor: José López Rodríguez |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Teijeiro, Domingo (2010). O Concello de Celanova durante a Segunda República (1931-1936). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-657-9.