Celestino Pérez Recarey
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1943 (81/82 anos) Lérez, España |
Actividade | |
Ocupación | docente, escritor |
Celestino Pérez Recarey, nado en Lérez (Pontevedra) en 1943, é un mestre e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio en Pontevedra, e máis adiante fixo as especialidades de Matemáticas e Lingua Galega. Foi mestre na Picota, Panxón, os Xesuítas, Porto Cabeiro, Nétoma (Razo) e director do Centro de Formación e Recursos da Coruña. Moi ligado á comarca de Bergantiños, xa xubilado foi Presidente do Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia.[1]
Ten editado textos de didáctica e ensino da lingua galega e dous libros de relatos.[2] Colaborou na autoría de textos en galego na editorial Rodeira. Publicou artigos en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Progreso e na Revista Galega de Educación.
Obras
[editar | editar a fonte]- Andainas (2022). Noia: Toxosoutos. 193 páxs. ISBN 978-84-125915-7-6. Relatos.
- Nomes propios (2023). Noia: Toxosoutos. 92 páxs. ISBN 978-84-125915-7-6. Relatos breves.
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Proxecto educativo de centro: a normalización lingüística no PEC (1993); con Rosario García Deibe e Alberte Gozález Armesto. Vigo: Xerais. ISBN 9788475077598
- Lecer e lingua oral: unha proposta creativa para a Educación Secundaria Obrigatoria. (1996). Tambre. Oleiros. ISBN 84-88681-32-1.
- A lingua galega: historia e actualidade : actas do I Congreso Internacional : 16-20 de setembro de 1996, Santiago de Compostela;[3] pp. 489-501. Tambre. ISBN 978-84-88681-32-4.
- O galego actual: normas ortográficas-gramaticais da lingua galega (1996); con Consuelo María Romero Lado. Oleiros (A Coruña): Noroeste ISBN 9788492156160
- Para dicir e facer (1996). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-4532869-7.
- A escola e os recursos das comunidades locais (2004). Torres Novas (Portugal) ISBN 972-99406-0-6.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Borrajo, Genara Borrajo (2010). "Celestino Pérez Recarey: a arte de acadar consensos". Eduga: revista galega do ensino (60): 3. ISSN 2171-6595.
- ↑ Varela, Xosé Manuel (2023-04-15). "Nomes propios de Celestino Pérez Recarey". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-05-14.
- ↑ "Celestino Pérez Recarey - Libros - CCG". consellodacultura.gal. Consultado o 2023-05-14.