Saltar ao contido

Comarca de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaComarca de Bergantiños
Imaxe
Vista dende a parroquia de Canduas da desembocadura do río Anllons.

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°11′00″N 8°42′00″O / 43.1833, -8.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalCarballo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación66.840 (2020) Editar o valor en Wikidata (89,9 hab./km²)
Xentiliciobergantiñán Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie743,51 km² Editar o valor en Wikidata

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas. Está situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 743,51 km² e tiña 66.840 habitantes no ano 2020.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Sitúase ao oeste da provincia da Coruña, en plena Costa da Morte, limitando ao norte co océano Atlántico e a comarca da Coruña, ao sur coa comarca do Xallas e a comarca da Terra de Soneira, ao leste coa comarca de Ordes e ao oeste co océano Atlántico. Os seus 743,51 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus 7 concellos, dende o máis pequeno, Laxe, que abrangue unha superficie de 36,78 km², ata o máis grande, Carballo, que ten unha superficie de 186,09 km².[2]

O río máis importante, e no que se artella toda a rede hidrográfica da comarca, é o río Anllóns que atravesa esta comarca de leste a oeste formando no seu discorrer polas terras de Bergantiños un val e na súa desembocadura forma un estuario, que dá diversas formas segundo a marea estea baixa ou alta, antes de desembocar na ría de Corme e Laxe. O cumio de máis importancia é o monte Castelo (598 m). Bergantiños dispón de numerosas praias, como as de Baldaio, Balares, Laxe e Traba de Laxe, Area Maior de Malpica e Razo-Baldaio, Rebordelo en Cabana.

O clima desta comarca é de temperaturas suaves, con pequenas oscilacións térmicas e abundantes precipitacións.

Economía

[editar | editar a fonte]

Na economía desta comarca destacan sobre todo a agricultura a gandaría e a pesca. Entre os portos da comarca destacan os de Caión, Malpica, Corme e Laxe.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Entre o patrimonio histórico destacan o Dolmen de Dombate, a Pedra da Arca e o Castro de Borneiro, a Torre da Penela, a igrexa e as Torres de Mens e as Torres de Nogueira (Coristanco). Entre os espazos naturais salientar o Refuxio de Verdes ao pé do río Anllóns, o areal de Baldaio, a enseada do río Anllóns, as praias de Laxe, Traba Razo e Balares, os porto de Malpica, Corme, Laxe así como as illas Sisargas xunto co cabo de Santo Adrián.

Concellos da comarca de Bergantiños

[editar | editar a fonte]

Bergantiños

Concello Poboación
(2020)
Extensión
(km²)[2]
Densidade
(hab./km²)
Cabana de Bergantiños 4.216 100,23 42,06
Carballo 31.429 186,09 168,89
Coristanco 5.950 141,28 42,11
A Laracha 11.406 125,95 90,56
Laxe 2.990 36,78 81,29
Malpica de Bergantiños 5.352 61,22 87,42
Ponteceso 5.497 91,97 59,77
Bergantiños 66.840 743,51 89,90

Poboación

[editar | editar a fonte]

Con 66.840 habitantes en 2020, a comarca de Bergantiños é a cuarta comarca máis poboada da provincia da Coruña e a décima de Galiza. A meirande parte da poboación da comarca concéntrase na capital, o concello de Carballo, onde reside algo máis do 47% da poboación total da mesma. Por outra banda, o concello menos poboado é o de Laxe, que con 2.990 habitantes representa menos do 5% da poboación total da comarca. A perda de poboación converteuse nunha constante na comarca, onde case todos os concellos perden poboación coas únicas excepcións de Carballo e A Laracha.

Concello N.º de
parroquias
Habitantes
1981 1986 1991 1996 2001 2006 2011 2016 2020
Cabana de Bergantiños 10 6.991 7.167 6.291 6.009 5.689 5.199 4.865 4.446 4.216
Carballo 18 25.713 26.962 26.033 27.287 28.497 29.985 31.303 31.256 31.429
Coristanco 15 10.314 10.271 9.334 8.416 8.098 7.582 7.102 6.426 5.950
A Laracha 13 11.710 12.007 10.521 10.791 10.666 10.803 11.337 11.295 11.406
Laxe 6 3.654 3.786 3.479 3.616 3.575 3.489 3.366 3.148 2.990
Malpica de Bergantiños 8 8.549 8.560 7.950 7.443 7.172 6.567 6.102 5.616 5.352
Ponteceso 14 8.714 8.607 8.035 7.663 7.118 6.588 6.134 5.703 5.497
Total 84 75.645 77.360 71.643 71.225 70.815 70.213 70.209 67.890 66.840

Fonte[3]: IGE e Instituto Nacional de Estadística

Padrón municipal 2020 66.840 habitantes[1]
Menores de 15 anos 7.937 (11,87 %)
Entre 16 e 64 anos 40.429 (60,49 %)
Maiores de 65 anos 18.474 (27,64 %)

Principais núcleos de poboación

[editar | editar a fonte]
Vista da vila e do porto de Caión

No ano 2020, os principais núcleos de poboación por concello eran[4]:

Pedra da Arca en Cerqueda, Malpica de Bergantiños

Debido a acidez do chan mesturada coas inmensas choivas predominantes na zona non se dispón de restos arqueolóxicos (os máis antigos que se puideron datar deron unha cronoloxía moi por debaixo dos atopados noutros sitios[5]) nin antropolóxicos no que poder fundarse para determinar a maneira e forma de vida dos primeiros poboadores da comarca.

Do período megalitico atópanse varios monumentos dos que destacan os dolmens de Dombate, Pedra da Arca, Pedra Moura e Fornela dos Mouros.

Da Idade de Bronce atópanse numerosos castros dos que destacan os de Borneiro e Pedra da Arca.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2021. Consultado o 2021-04-22. 
  2. 2,0 2,1 "IGE - Superficie". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2021. Consultado o 2021-04-22. 
  3. Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos Arquivado 04 de marzo de 2021 en Wayback Machine. IGE. Consultado o 28/2/2021.
  4. Nomenclator INE. Consultado o 28/2/2021 (en castelán)
  5. Fernández Carrera, Xan X. (2001). Descubre A Comarca de Bergantiños. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.