Praia de Razo
Praia de Razo | |
---|---|
Características xerais | |
Localización | Carballo |
Lonxitude | 1300 m |
Largo medio | 50 m |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Semiurbana |
Paseo marítimo | |
Características específicas | |
Tipo de praia | Aberta |
Tipo de area | Fina |
Condicións do baño | Oleaxe medio - forte |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Zona protexida | Si |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Equipo de salvamento | Si |
A praia de Razo é un areal bañado polo océano Atlántico situado na parroquia de San Martiño de Razo, no concello coruñés de Carballo.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Praia aberta de area dourada e gran fino que forma xunto coa praia de Baldaio un dos areais mais extensos de Galicia protexido pola súa riqueza natural. Conta coa bandeira azul[2] e con múltiples posibilidades para o lecer e o deporte.[3][4]
Deporte
[editar | editar a fonte]Razo goza de recoñecemento como destino para a práctica de deportes náuticos[5] e ten unha importante comunidade que vive do surf contando, entre outras,[6] cunha escola pioneira en España fundada no ano 1991.[7]
Tamén son habituais os torneos de voleibol[8] e as persoas que aproveitan a intensidade do vento desta zona para practicar ala delta ou parapente.[9][10]
Interese xeolóxico
[editar | editar a fonte]A praia de Razo presenta varios afloramentos de praias fósiles formadas na era cuaternaria. Isto pode apreciarse nos seus cantís, onde se ven os distintos estratos que son testemuño da evolución da praia ao longo de milleiros de anos. Tamén é posible observar abundantes acumulacións de minerais pesados.[11][12]
Ademais, de Razo parte un dos fenómenos xeolóxicos máis importantes de Galicia: a Depresión Meridiana, falla que racha o territorio galego de norte a sur.[12]
Espazo protexido
[editar | editar a fonte]Esta praia está protexida pola Rede Natura 2000 para a conservación da biodiversidade como LIC[13] e ZEPA.[14]
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1929 - Naufraxio do barco de vapor María Victoria.[15]
- 2002 - A marea negra do Prestige alcanza a costa.[16]
- 2003 - Un avión militar emprega a praia de Razo - Baldaio como pista de aterraxe de emerxencia.[17][18]
- 2006 - Unha marea de obxectos procedentes dun barco mercante afecta a costa de Razo.[19][20]
- 2024 - A marea de granulado plástico que provocou un buque ao perder parte da súa carga fronte á costa portuguesa chega a Razo.[21]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Arco da vella comezando sobre as Illas Sisargas
-
Vistas dende Santa Mariña un día de sol
-
Baixamar
-
Solpor
-
Parapentes voando sobre a praia
-
Acceso ao Pozo da Sarna
-
Pozo da Sarna
-
Zona da explanada
-
Praias de Razo e Baldaio separadas polo rego de Oza
-
Pedras descubertas polas mareas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RAZO". turismo.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "Galicia tendrá este año 113 playas con bandera azul, la tercera comunidad con más galardones de este tipo". xunta.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "Razo: mar aberto ao Atlántico". turismocarballo.org. Consultado o 2023.
- ↑ "Playa de Razo (Carballo)". Coruña.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "Razo aspira a converterse en reserva mundial do surf". turismocarballo.es. Consultado o 2023.
- ↑ "Surf". turismocarballo.com. Consultado o 2023.
- ↑ "RAZ SURFCAMP DESDE 1991". Razsurfcamp.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Inicio". voleipraiarazo.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Cortado de Razo, Carballo". aladeltagalicia. Consultado o 2023.
- ↑ "Parapente y ala delta". turismocarballo.org. Consultado o 2023.
- ↑ "GM021 Complejo dunar y lagoon de la playa de Razo-Baldaio". Inventario Español de Lugares de Interés Geológico. Consultado o 2023.
- ↑ 12,0 12,1 "Xeoloxía". turismocarballo.com. Consultado o 2023.
- ↑ "ES1110005 Costa da Morte". natura2000.eea.europa.eu. Consultado o 2023.
- ↑ "ES0000176 Costa da Morte (Norte)". natura2000.eea.europa.eu. Consultado o 2023.
- ↑ "El «María Victoria» emerge en Razo". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023.
- ↑ "Crónica de la catástrofe". elmundo.es. Consultado o 2023.
- ↑ "La playa de Razo-Baldaio salvó el avión". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023.
- ↑ "Aeropuerto improvisado de Razo-Baldaio". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023.
- ↑ "Sólo quedan las guindillas rojas". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023.
- ↑ "O Concello procede á limpeza do litoral afectado pola marea de obxetos dun mercante". carballo.org. Consultado o 2023.
- ↑ "Las "bolitas" de plástico ya llegaron a Razo". diariodebergantinos.com. Consultado o 2024.