Celia González Pernas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1918 Silán, España |
Morte | 21 de xuño de 1949 (31 anos) Silán, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Celia da Ferrería |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Celia González Pernas, Celia da Ferrería, nada en Silán (Muras) o 12 de marzo de 1918 e finada na mesma parroquia o 21 de xuño de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enlace da guerrilla. A caída de José Porto Lestegás e Benedicto Escourido Cobo precipitou a subida ao monte. Foi abatida nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Juan Pérez Dopico e Josefa Escourido Cobo. [1]Situada fóra da cabana cando se iniciou o cerco, caeu morta no primeiro intercambio de disparos. Estaba embarazada de oito meses.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cilia Torna (21 de xullo de 2014). "As mártires de Silán". Sermos Galiza.
- ↑ Cilia Torna. "A fin da guerrilla na Mariña: A loita guerrilleira de Celia da Ferraría". Nós Diario. Consultado o 2021-03-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2011). Mulleres na guerrilla antifranquista galega. A Coruña: Laiovento. pp. 430–431. ISBN 978-84-8487-211-5.
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 134–135. ISBN 978-84-8341-166-7.
- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- O 36 na Galiza, 1986, A Nosa Terra.