Cemiterio paleocristián de Tarragona
Tipo | xacemento arqueolóxico ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Conxunto arqueolóxico de Tarraco ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tarragona, España ![]() | |||
Localización | Av. de Ramón y Cajal 82-84 x Pg. de la Independència, 17 ![]() | |||
Localización | Cidade de Tarragona ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 1,3 ha ![]() | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2000 (24ª Sesión) | |||
Identificador | 875-008 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 3 de xuño de 1931 | |||
Identificador | RI-55-0000045 | |||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Tipo | Zona Arqueológica | |||
Codi BCIN | 2063-ZA ![]() | |||
Codi BIC | RI-55-0000045 ![]() | |||
Id. IPAPC | 9533 ![]() | |||
O cemiterio paleocristián de Tarragona é un conxunto funerario de época tardorromana de mediados do século III situado fóra do casco urbano, cerca do río Francolí, que perdurou ata o século V. É o cemiterio paleocristián máis importante do Mediterráneo Occidental. É un dos sitios Patrimonio da Humanidade denominado Conxunto arqueolóxico de Tarraco, en concreto identificado co código 875-008.
O cemiterio de Tarraco xurdiu en torno a unha basílica martirial dedicada a San Fructuoso e aos seus dous diáconos. A basílica documentada, constaba de tres naves e cabeceira con ábsida exterior. Posteriormente engadíronse algunhas cámaras funerarias e un baptisterio. Os restos desta basílica desapareceron para deixar paso á construción da «Fábrica de Tabacos de Tarragona» durante a primeira metade do século XX.
A tipoloxía dos sepulcros é moi variada e vai desde enterros simples con ánfora ou teza (tegulae) ata os mausoleos, pasando por unha gran diversidade de sarcófagos, algúns de procedencia norteafricana, ou en ataúdes de madeira. Unha peza que hai que significar é a boneca de marfil, datada do século IV, que apareceu dentro dun sarcófago cos restos dunha nena duns seis anos. Mide 23 cm de altura e está articulada polos ombreiros, cóbados, cadeiras e xeonllos. Todo iso permite penetrar na esencia da sociedade cristiá de Tarraco.
Notas
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Torre dos Escipións
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio paleocristián de Tarragona ![]() |
- Páxina do MNAT
- Páxina web do Concello de Tarragona
- Páxina do Museo de Historia de Tarragona Arquivado 08 de abril de 2018 en Wayback Machine.
- Tarragona - Información histórica e cultural de Tarraco, capital da Hispania Citerior na época de dominación romana
- Información Foro Romano de Tarragona en España é cultura, Ministerio de Cultura Arquivado 28 de decembro de 2016 en Wayback Machine.