Saltar ao contido

Foro romano de Tarraco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaForo romano de Tarraco
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deConxunto arqueolóxico de Tarraco Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTarragona, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPlaça del Fòrum Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°07′04″N 1°15′32″L / 41.1178, 1.2589
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 5,85 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2000 (24ª Sesión)
Identificador875-003
Ben de interese cultural
Data6 de marzo de 1931
IdentificadorRI-55-0000044
Ben Cultural de Interese Nacional
TipoZona Arqueológica
Codi BCIN2062-ZA Editar o valor en Wikidata
Codi BICRI-55-0000044 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAPC13134 Editar o valor en Wikidata

O Foro Provincial de Tarraco é un sitio arqueolóxico Romano en Tarragona, Cataluña, España, que abarca unha superficie de 18 hectáreas, constituído por dúas grandes prazas porticadas que albergaban os principais edificios administrativos, relixiosos e culturais da cidade de Tarraco, capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis, na actual España. Xunto con outros restos romanos na cidade fai que o Conxunto arqueolóxico de Tarraco, fora incluído pola UNESCO na lista do Patrimonio da Humanidade no ano 2000, en concreto a identificada co código 875-003 para a praza de representación e 875-002 para o recinto de culto.

Foi construído polos romanos no ano 73 dC, por orde do emperador Vespasiano. O seu uso mantívose ata a metade do século V, a partir do cal ocupáronse os edificios que rodeaban a praza como vivendas privadas. A partir do século XII urbanizouse o interior da praza e definiuse un trazado de rúas que se mantivo ata a actualidade. Este espazo corresponde ao entramado de rúas que conforman boa parte do barrio medieval de Tarragona.

Características

[editar | editar a fonte]

O espazo constaba dunha praza dedicada ao culto e outra máis grande de representación, máis o recinto inferior onde se atopaba o circo.

  • O recinto de culto presidía a sede do concilium, estaba situado na zona máis alta da cidade, hoxe ocupado pola Catedral, a praza da Catedral e outros edificios. Tratábase dunha impresionante praza de 153 m. por 136 m., rodeada por un muro perimetral de 9 m. de alto que sostiña a cuberta dun pórtico con columnas, duns 11 m. de ancho, que rodeaba toda a praza. No marco desta praza porticada atopábase o gran templo de Augusto, do que se saben as súas impresionantes proporcións (as columnas median uns 13,5 m. de alto), pero non a súa situación exacta.
  • A praza de representación estaba colocada nun socalco máis baixo que a zona de culto, conectada a esta por unha grande escalinata, que coincide coas actuais escaleiras en fronte da Catedral. A praza medía 175 m. de ancho por 318 m. de longo, sendo así a praza máis grande xamais construída polo Imperio Romano. Tres dos catro lados da praza estaban delimitados por un podio elevado cuberto por un amplo espazo porticado que se apoiaba sobre un muro de pilastras (do cal aínda poder observar moitos fragmentos na cidade). Tras este pórtico alzábase unha longa bóveda, da que se conservan diversos tramos, como as chamadas bóvedas do Pallol ou do Pretorio, que, seguramente, sustentaban unha galería superior. Nos ángulos meridionais desta praza atópanse as torres da Antiga Audiencia e do Pretorio, que funcionaban como caixa de escaleiras que daba acceso desde o nivel inferior do circo á praza a e a galería superior.

Edificios

[editar | editar a fonte]
  • Consello Provincial
  • Circo
  • Tabularium (arquivo estatal)
  • Estado do tesouro
  • Curia
  • Salón de Audiencias
  • Templo do Culto Imperial

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]