Centaurus A/Grupo M83
Centaurus A/Grupo M83 | |
---|---|
Tipo e posición | |
Constelación de | Hydra, Centaurus, e Virgo[1] |
Ascensión recta | 13h 20m[2] |
Declinación | -44° 58′[2] |
Outras designacións | |
Grupo NGC 5128,[2] Grupo Centaurus A,[2] LGG 344[2] |
Centaurus A/Grupo M83 é un complexo cúmulo de galaxias situado nas constelacións de Hydra, Centaurus, e Virgo. O grupo pode ser dividido en dous subgroupos. O subgrupo Cen A, a unha distancia de 11,9 Mal (3,66 Mpc), que está centrado sobre Centaurus A, unha radiogalaxia próxima.[3] O subgrupo M83, situado a unha distancia de 14,9 Mly (4,56 Mpc) e que está centrado sobre Messier 83 (M83), unha galaxia en espiral que está de canto (vista dende a Terra), amosándose así en todo o seu esplendor.[3]
Centaurus A/Grupo M83 é algunhas veces visto coma un só grupo,[4][5] e algunhas veces é visto coma dous subgrupos.[6] Por iso, algunhas referencias citan a dous obxectos nomeados coma o Grupo Centaurus A e o Grupo M83. Con todo, as galaxias arredor Centaurus A e as galaxias arredor de M83 están fisicamente preto as unhas das outras, e ambos subgrupos parecen non estar achegándose ou afastándose entre si.[3]
Centaurus A/Grupo M83 forma parte do Supercúmulo de Virgo, o supercúmulo do cal o noso Grupo Local é membro periférico.
Membros[editar | editar a fonte]
Identificación dos membros[editar | editar a fonte]
Os membros máis brillantes do grupo foron identificados en vellas investigacións para a identificación de grupos galácticos.[4][5] Pero moitas das galaxias ananas do grupo só foron identificadas tras intensos estudos. Unha das primeiras identificacións destes 145 febles obxectos en imaxes ópticas, foi feita co UK Schmidt Telescope e foi seguida de pescudas na liña de hidróxeno feitas co Parkes Radio Telescope e pescudas na liña espectral alfa-hidróxeno feitas co telescopio de 2,3 m do Observatorio de Siding Spring. Isto axudou a identificar 20 galaxias ananas coma membros do grupo.[8] A procura HIPASS, a cal foi unha procura de radio na liña de emisión espectral do hidróxeno, atopou cinco galaxias sen catalogar no grupo e identificou cinco galaxias (xa catalogadas previamente coma tales) coma membros do grupo.[9] Ademais foi identificada unha galaxia anana adicional coma membro do grupo durante a investigación HIDEEP, que era unha investigación de radio máis exhaustiva da emisión do hidróxeno dentro dunha porción de ceo menor.[10] Varias investigacións ópticas posteriores identificaron 20 posibles candidatos máis do grupo.[11][12][13] No 2007, NGC 5011C foi confirmada coma membro do Grupo Cen A. [14] Esta galaxia en si é un sistema estelar ben coñecido, catalogado e co seu número NGC, pero a súa verdadeira identidade permaneceu oculta por mor dunha confusión coas súas coordenadas e erros nos rexistros dos datos dos corrementos cara ao vermello da citada galaxia.
Lista dos membros[editar | editar a fonte]
A táboa que aparece a continuación é unha lista das galaxias que foron identificadas coma asociadas á Centaurus A/Grupo M83 por I. D. Karachentsev e os seus colaboradores.[3][13] Fágase notar que Karachentsev divide este grupo en dous subgrupos centrados sobre Centaurus A e Messier 83.
Nome | Tipo[2] | R.A. (X2.000)[2] | Dec. (X2.000)[2] | Corremento cara o vermello (km/s)[2] |
Magnitude aparente[2] |
---|---|---|---|---|---|
Cen 7 | Sph | 13h 11m 13.8s | -38° 53′ 56″ | 17,3 | |
Cen N | 13h 48m 09.1s | -47° 33′ 54″ | 17,5 | ||
Centaurus A (NGC 5128) | S0 pec | 13h 25m 27.6s | -43° 01′ 09″ | 547 ± 5 | 7,8 |
Centaurus A-dE1 | dSph | 13h 12m 45.2s | -41° 49′ 57″ | 19,3 | |
Centaurus A-dE3 | dE | 13h 46m 00.8s | -36° 19′ 44″ | 17,1 | |
HIPASS J1337-39 | Im | 13h 37m 25.3s | -39° 53′ 48″ | 492 ± 4 | 16,5 |
HIPASS J1348-37 | 13h 48m 47.0s | -37° 58′ 29″ | 581 ± 8 | 16,9 | |
HIPASS J1351-47 | 13h 51m 12.0s | -46° 58′ 12.9″ | 529 ± 6 | ||
KKs 51 | E/Sph | 12h 44m 21.5s | -42° 56′ 23″ | 16,7 | |
KKs 55 | Sph | 13h 22m 12.8s | -42° 43′ 41″ | 18,5 | |
KKs 57 | Sph | 13h 41m 38.1s | -42° 34′ 55″ | 18,1 | |
LEDA 166152 | dI | 13h 05m 02.1s | -40° 04′ 58″ | 617 ± 4 | 16,3 |
LEDA 166167 | dI/dSph | 13h 27m 27.8s | -45° 21′ 10″ | 18 | |
LEDA 166172 | dSph | 13h 43m 36.0s | -43° 46′ 11″ | 18,5 | |
LEDA 166175 | dSph | 13h 46m 16.8s | -45° 41′ 05″ | 19,2 | |
LEDA 166179 | dSph | 13h 48m 46.4s | -46° 59′ 46″ | 18 | |
NGC 4945 | SB(s)cd | 13h 05m 27.5s | -49° 28′ 06″ | 563 ± 3 | 9,3 |
NGC 5102 | SA0 | 13h 21m 57.6s | -36° 37′ 49″ | 468 ± 2 | 10,4 |
NGC 5206 | SB(r)0 | 13h 33m 44.0s | -48° 09′ 04″ | 571 ± 10 | 11,6 |
NGC 5237 | I0 | 13h 37m 39.0s | -42° 50′ 49″ | 361 ± 4 | 13,2 |
PGC 45104 | IABm | 13h 03m 33.6s | -46° 35′ 06″ | ||
PGC 45717 | I0 pec | 13h 10m 32.9s | -46° 59′ 27.3″ | 1.853 ± 32 | 13,3 |
PGC 45916 | dE | 13h 13m 09.1s | -44° 53′ 24″ | 784 ± 31 | 14,1 |
PGC 46663 | IBm | 13h 21m 47.4s | -45° 03′ 42″ | 741 | 16,1 |
PGC 46680 | Im | 13h 22m 02.0s | 32° 07′ | 16,6 | |
PGC 47171 | IABm | 13h 27m 37.4s | -41° 28′ 50″ | 516 ± 3 | 12,9 |
PGC 48515 | dE | 13h 42m 05.6s | -45° 12′ 18″ | 17,6 | |
PGC 48738 | IB(s)m | 13h 45m 00.5s | -41° 51′ 40″ | 545 ± 2 | 14,0 |
PGC 49615 | dS0/Im | 13h 57m 01.4s | -35° 19′ 59″ | 561 ± 32 | 14,8 |
Nome | Tipo[2] | R.A. (X2.000)[2] | Dec. (X2.000)[2] | Corremento cara o vermello (km/segundo)[2] |
Magnitude aparente[2] |
---|---|---|---|---|---|
AM 1321-304 | dIm | 13h 24m 36.2s | -30° 58′ 19″ | 487 ± 1 | 16,7 |
Centaurus A-dE2 | dE/Im | 13h 21m 32.4s | -31° 53′ 11″ | 17,6 | |
Centaurus A-dE4 | dSph | 13h 46m 40.4s | -29° 58′ 41″ | 19 | |
HIDEEP J1336-3321 | 13h 36m 56.1s | -33° 21′ 23″ | 591 | 17,3 | |
IC 4247 | S | 13h 26m 44.4s | -30° 21′ 45″ | 274 ± 65 | 14,4 |
IC 4316 | IBm pec | 13h 40m 18.4s | -28° 53′ 32″ | 674 ± 53 | 15,0 |
KK 208 | dI | 13h 36m 35.5s | -29° 34′ 17″ | 381 | 14,3 |
LEDA 166163 | dI | 13h 21m 08.2s | -31° 31′ 45″ | 571 ± 3 | 17,1 |
LEDA 166164 | dSph | 13h 22m 56.2s | -33° 34′ 22″ | 17,6 | |
M83 | SAB(s)c | 13h 37m 00.9s | -29° 51′ 57″ | 513 ± 2 | 8,2 |
NGC 5253 | Im pec | 13h 39m 55.9s | -31° 38′ 24″ | 407 ± 3 | 10,9 |
NGC 5264 | IB(s)m | 13h 41m 36.7s | -29° 54′ 47″ | 478 ± 3 | 12,6 |
PGC 47885 | 13h 35m 08.1s | -30° 07′ 03″ | 13.848 | 15,8 | |
PGC 48111 | Im | 13h 37m 20.0s | -28° 02′ 42″ | 587 ± 3 | 15,0 |
UGCA 365 | Im | 13h 36m 31.1s | -29° 14′ 06″ | 573 ± 1 | 15,4 |
Ademais, ESO 219-010, PGC 39032 e PGC 51659 son listadas coma posibles membros do Subgrupo Centaurus A, e ESO 381-018, NGC 5408 e PGC 43048 son listadas coma posibles membros do Subgrupo M83.[3] Aínda que HIPASS J1337-39 só é listada coma un posible membro do subgrupo M83 na última lista publicada por Karachentsev,[3] análises posteriores indican que esta galaxia está dentro do subgrupo.[15] Saviane e Jerjen descubriron que NGC 5011C ten un corremento óptico cara ao vermello de 647 km/s, e polo tanto é un membro do Grupo Cen A, ó contrario do que se cría dende 1983, que era unha galaxia separada do cúmulo de galaxias Centaurus A/Grupo M83.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Kepple, George Robert; Glen W. Sanner (1998). Willmann-Bell, Inc., ed. The Night Sky Observer's Guide, Volume 2. p. 73. ISBN 0-943396-60-3.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 "NASA/IPAC Extragalactic Database". Results for NGC 5128 Group. Consultado o 22-11-2006.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 I. D. Karachentsev (2005). "The Local Group and Other Neighboring Galaxy Groups". Astronomical Journal 129 (1): 178–188. Bibcode:2005AJ....129..178K. arXiv:astro-ph/0410065. doi:10.1086/426368.
- ↑ 4,0 4,1 R. B. Tully (1998). Cambridge University Press, ed. Nearby Galaxies Catalog. Cambridge. ISBN 0-521-35299-1.
- ↑ 5,0 5,1 P. Fouque, E. Gourgoulhon, P. Chamaraux, G. Paturel (1992). "Groups of galaxies within 80 Mpc. II - The catalogue of groups and group members". Astronomy and Astrophysics Supplement 93: 211–233. Bibcode:1992A&AS...93..211F.
- ↑ A. Garcia (1993). "General study of group membership. II - Determination of nearby groups". Astronomy and Astrophysics Supplement 100: 47–90. Bibcode:1993A&AS..100...47G.
- ↑ "Don’t trust your eyes". ESA/Hubble Picture of the Week. Consultado o 13-02-2013.
- ↑ S. Cote, K. C. Freeman, C. Carigan, P. J. Quinn (1997). "Discovery of Numerous Dwarf Galaxies in the Two Nearest Groups of Galaxies". Astronomical Journal 114: 1313. Bibcode:1997AJ....114.1313C. arXiv:astro-ph/9704030. doi:10.1086/118565.
- ↑ G. D. Banks, M. J. Disney, P. M. Knezek, H. Jerjen, D. G. Barnes, R. Bhatal, W. J. G. de Blok, P. J. Boyce, R. D. Ekers, K. C. Freeman, B. K. Gibson, P. A. Henning, V. Kilborn, B. Koribalski, R. C. Kraan-Korteweg, D. F. Malin, R. F. Minchin, J. R. Mould, T. Oosterloo, R. M. Price, M. E. Putman, S. D. Ryder, E. M. Sadler, L. Staveley-Smith, I. Stewart, F. Stootman, R. A. Vaile, R. L. Webster, A. E. Wright (1999). "New Galaxies Discovered in the First Blind H I Survey of the Centaurus A Group". Astrophysical Journal 524 (2): 612–622. Bibcode:1999ApJ...524..612B. arXiv:astro-ph/9906146. doi:10.1086/307854.
- ↑ R. F. Minchin, M. J. Disney, P. J. Boyce, W. J. G. de Blok, Q. A. Parker, G. D. Banks, K. C. Freeman, D. A. Garcia, B. K. Gibson, M. Grossi, R. F. Haynes, P. M. Knezek, R. H. Lang, D. F. Malin, R. M. Price, I. M. Stewart, A. E. Wright (2003). "HIDEEP - an extragalactic blind survey for very low column-density neutral hydrogen". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 346 (3): 787–802. Bibcode:2003MNRAS.346..787M. arXiv:astro-ph/0308405. doi:10.1111/j.1365-2966.2003.07134.x.
- ↑ H. Jerjen, K. C. Freeman, B. Binggeli (2000). "Testing the Surface Brightness Fluctuations Method for Dwarf Elliptical Galaxies in the Centaurus A Group". Astronomical Journal 119 (1): 166–176. Bibcode:2000AJ....119..166J. arXiv:astro-ph/9912011. doi:10.1086/301188.
- ↑ H. Jerjen, K. C. Freeman, B. Binggeli (2000). "Surface BR Photometry of Newly Discovered Dwarf Elliptical Galaxies in the Nearby Sculptor and Centaurus A Groups". Astronomical Society 119 (2): 593–608. Bibcode:2000AJ....119..593J. doi:10.1086/301216.
- ↑ 13,0 13,1 I. D. Karachentsev, M. E. Sharina, A. E. Dolphin, E. K. Grebel, D. Geisler, P. Guhathakurta, P. W. Hodge, V. E. Karachetseva, A. Sarajedini, P. Seitzer (2002). "New distances to galaxies in the Centaurus A group". Astronomy and Astrophysics 385 (1): 21–31. Bibcode:2002A&A...385...21K. doi:10.1051/0004-6361:20020042.
- ↑ I. Saviane, H. Jerjen (2007). "NGC 5011C: An Overlooked Dwarf Galaxy in the Centaurus A Group". Astronomical Journal 133 (4): 1756–1762. Bibcode:2007AJ....133.1756S. arXiv:astro-ph/0701280. doi:10.1086/512157.
- ↑ M. Grossi, M. J. Disney, B. J. Pritzl, P. M. Knezek, J. S. Gallagher, R. F. Minchin, K. C> Freeman (2006). "Star formation history and evolution of gas-rich dwarf galaxies in the Centaurus A group". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 374 (1): 107–130. Bibcode:2007MNRAS.374..107G. arXiv:astro-ph/0611106. doi:10.1111/j.1365-2966.2006.11125.x.