Saltar ao contido

Centro Cultural de Belém

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro Cultural de Belém
Centro Cultural de Belém
Edificio
Tipocentro de convencións, Kulturzentrum e patrimonio cultural Editar o valor en Wikidata
EstiloArquitectura moderna Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSanta Maria de Belém Editar o valor en Wikidata
Coordenadas38°41′44″N 9°12′28″O / 38.695556, -9.207778
Implicados
Arquitecto(s)Vittorio Gregotti e Manuel Salgado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio Cultural
Inmoble de Interese Público
Identificador72418
editar datos en Wikidata ]

O Centro Cultural de Belém é un edificio civil de Lisboa, erixido a comezos da década de 1990 e inaugurado para ser a sede da presidencia portuguesa da Comunidade Económica Europea (actual Unión Europea).

Abriuse como centro cultural e de conferencias en 1993, destacándose no seu programa a música, as artes teatrais e a fotografía. Tamén dispón dun gran centro de exposicións e un museo de deseño con pezas dende 1937. A cafetería e o restaurante teñen vistas aos xardíns de oliveiras, que amortecen o ruído do tráfico, e dende onde se poden ver os peiraos e o río. Nas fins de semana o centro énchese de artistas, actores e patinadores.