Birollo
Birollo | |
---|---|
![]() | |
Clasificación científica | |
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Cerastoderma_glaucum_MHNT_1.jpg/220px-Cerastoderma_glaucum_MHNT_1.jpg)
O birollo ou berberecho azul (Cerastoderma glaucum, Bruguière 1789 [1]; antes Cardium glaucum e Cerastoderma lamarcki) é un molusco bivalvo da familia dos Cárdidos (Cardiidae), da orde Veneroida.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3b/Cerastoderma_glaucum_shell.jpg/220px-Cerastoderma_glaucum_shell.jpg)
Morfoloxía[editar | editar a fonte]
É semellante ó berberecho común (Cerastoderma edule) e pode confundirse con el. Ten unha cuncha sólida, forte, equivalva e inequilateral. Presenta un perfil ovalado coa marxe anterior dereita inclinada cara a atrás. Non supera os 6 cm de eixo maior.
Presenta 22-28 costelas radiais con pequenas espiñas seriadas; liñas de crecemento claramente visibles. Nas proximidades da marxe libre estas espiñas están reviradas cara a dentro. Na cara interior e ata preto do umbo, márcanse as canaladuras correspondentes ás costelas, especialmente na zona anterior e central mentres que desaparecen na posterior.
A cor é marrón clara amarelenta ou marrón escura. O periostraco é sucio. O interior é marrón clara aínda que tamén pode ser branca sucia ou ata azul morada.
Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]
É unha especie propia do Mar do Norte e do Mediterráneo. Vive na franxa intermareal, enterrado en fondos de area ou lama, soportando maiores descensos de salinidade que o berberecho común.
É unha especie comestible, pero non apreciada. Ten menos carne e de sabor algo lameiro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ En ITIS mantense a atribución a Poiret, 1789.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Birollo |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cerastoderma |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ramonell, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Editorial Galaxia, Vigo 1985.