Cereixo, A Estrada
Cereixo | |
---|---|
Igrexa de San Xurxo de Cereixo. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′00″N 8°26′40″O / 42.68324435, -8.44452059 |
Poboación | 184 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xurxo de Cereixo é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 184 habitantes (103 mulleres e 81 homes), distribuídos en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 597 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 265 persoas.
Cereixo na cultura popular
[editar | editar a fonte]O San Xurxo de Cereixo é protector da facenda, do gando, e o día do santo os veciños levan á igrexa milleiros de aguilladas para que o santo as bendiga, e ofrécenlle carne, froitos ou diñeiro. Contan que en 1904, un veciño de Guimarei,outra parroquia lindeira, non quixo que a muller lle levara carne ó santo e, aínda máis, xurou que a carne ía comela el e ó santo levaríalle os ósos, gabándose na festa do que dixera. Así o fixo, pero cando volveu a casa atopou os seus porcos mortos, e non puido criar outro nos dez anos seguintes [2].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Xurxo de Cereixo.
-
Cruceiro de Cereixo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cereixo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cereixo no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Costenla | A Igrexa | Mollarrabo | Pernaviva | Os Piornos | Quintas | Señoráns | Vilapouca | Viso de Abaixo | Viso de Arriba |
Parroquias da Estrada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.
- Risco, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).