Loimil, A Estrada
Loimil | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Loimil. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′02″N 8°21′47″O / 42.75056862, -8.362978 |
Poboación | 216 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Loimil é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 216 habitantes (112 mulleres e 104 homes), 59 menos ca en 1986. En 1842 tiña unha poboación de feito de 237 persoas. Ten 10 entidades de poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Sitúase no nordeste do concello, limitando coas parroquias de Oca, Remesar e Orazo e o concello de Boqueixón. Está atravesada pola vía da prata do camiño de Santiago.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial é de estilo románico, da segunda metade do século XII. Ten unha nave en bóveda de canón e ábsida rectangular dividida en dous tramos por semicolumnas acaroadas e rematado cun Agnus Dei. As portas, tamén románicas, son de tímpano liso.
Festas
[editar | editar a fonte]O segundo domingo de xuño celébrase a festa gastronómica do año ao espeto. O sábado anterior ao 16 de xullo celébrase a Festa da Mocidade, en honra á Virxe do Carme. O 15 de agosto é o día da Patroa, Santa María. O sábado anterior ao 19 de setembro celébrase a romaría popular á Virxe da Saleta.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ábsida da igrexa de Santa María de Loimil.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Loimil
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Loimil no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
As Carballas | Os Casares | Chenlos | Loimil | Loimil do Carballo | O Outeiro | Pardellas | Penaporrín | Riomao | A Sobreira |
Parroquias da Estrada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.