Saltar ao contido

Festa gastronómica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Festas gastronómicas de Galicia

[editar | editar a fonte]

Primeiro trimestre

[editar | editar a fonte]
Festa do queixo de Arzúa.

As festas gastronómicas que se celebran en xaneiro, febreiro e marzo están relacionados con produtos que se comen no inverno, algúns relacionados coa matanza do porco (botelo, chourizo, androlla, cocido...), ou con produtos agrícolas desta época (grelo). Tamén hai celebracións relacionadas co Entroido.

Data Festa Produto Lugar
Terceiro domingo de xaneiro Festa do botelo do Barco de Valdeorras Botelo O Barco de Valdeorras
Terceiro domingo de xaneiro Festa do berberecho de Foz Berberecho Foz
Cuarto domingo de xaneiro Festa do codillo na Rúa Codillo A Rúa
4 de febreiro Festa do chourizo de Vila de Cruces Chourizo Vila de Cruces
Domingo anterior ó entroido Festa do cocido de Lalín Cocido de Lalín Lalín
Domingo anterior ó entroido Festa do butelo da Fonsagrada Butelo A Fonsagrada
Terceiro domingo de febreiro Festa do cocido de porco celta da comarca de Sarria Cocido de porco celta Comarca de Sarria
Domingo de entroido Festa da androlla ou botelo de Viana do Bolo Androlla ou botelo Viana do Bolo
Domingo de entroido Festa do grelo das Pontes de García Rodríguez Grelo As Pontes de García Rodríguez
Domingo de entroido Festa da androlla de Navia de Suarna Androlla Navia de Suarna
Febreiro (variable) Festa do queixo de Antas de Ulla Queixo de tetilla Antas de Ulla
Febreiro (variable) Festa do lacón de Cuntis Lacón con grelos Cuntis
Domingo da piñata Festa da filloa de Lestedo Filloa Lestedo (Boqueixón)
Primeiro domingo de marzo Festa do queixo de Arzúa Queixo de Arzúa-Ulloa Arzúa
Segunda fin de semana de marzo Feira do viño de Chantada Viño de Chantada Chantada
Terceiro domingo de marzo Festa do ourizo de Cervo Ourizo de mar Cervo
Terceiro domingo de marzo Festa do queixo e o pan de Ousá de Friol Queixo de tetilla e pan de Ousá Friol
Último domingo de marzo Festa do caldo de Mourente Caldo galego Mourente (Pontevedra)
Marzo (variable) Festa da orella de Sales Orella de porco San Fins de Sales (Vedra)

Segundo trimestre

[editar | editar a fonte]
Festa do viño tinto do Salnés.
Cartel da XV Festa da troita da Pontenova, 1992.

Coa chegada da primavera celébranse festas relacionadas co viño e o augardente, así como de peixes de río (lamprea, salmón e troita) e froitas (cereixa).

Data Festa Produto Lugar
Marzo ou maio (variable) Festa da augardente da Ulla Augardente San Mamede de Ribadulla (Vedra)
Marzo ou abril (variable) Festa do viño de Amandi Viño de Amandi Pantón, Quiroga e Sober
Marzo ou abril (variable) Festa da carne ao caldeiro de Piñeiro Carne ao caldeiro Piñeiro (Silleda)
Segunda fin de semana de marzo [1]. Feira do viño de Chantada Viño da Ribeira Sacra Chantada
Primeira semana de abril Festa do queixo de San Simón da Costa Queixo de San Simón da Costa Vilalba
Primeira fin de semana de abril Festa do millo corvo de Bueu Millo corvo Meiro (Bueu)
Segundo domingo de abril Festa do viño da Ulla Viño San Miguel de Sarandón (Vedra)
Abril Feira da carne ó caldeiro e produtos locais de Castro Carne ao caldeiro Castro (Carballedo)
Terceiro domingo de abril Festa do queixo cebreiro en Pedrafita do Cebreiro Queixo cebreiro Pedrafita do Cebreiro
Último sábado de abril Festa do cogomelo de Ordes Cogomelo Ordes
De finais de abril a comezos de maio Festa do viño de Ribeiro Viño do Ribeiro Ribadavia
Durante o mes de abril (variable) Festa da lamprea de Arbo Lamprea Arbo
Véspera de San Lázaro Festa da lamprea de Pontecesures Lamprea Pontecesures
Semana Santa Feira do viño do Rosal Viño do Rosal O Rosal
Sábado Santo Festa da empanada de lamprea de Padrón Empanada de lamprea Padrón
Domingo de Pascua Festa da rosquilla de Abades Rosquilla Abades (Silleda)
Domingo de Pascua Festa da ostra de Arcade Ostra Arcade (Soutomaior)
Domingo de Pascua Festa da augardente de Portomarín Augardente Portomarín
Domingo de Pascua Festa do meixón de Tui Meixón Tui
1 de maio Festa da filloa de Muimenta Filloa Muimenta (Cospeito)
1 de maio Festa da troita da Pontenova Troita A Pontenova
Primeiro domingo de maio Festa da troita de Oroso Troita Oroso
Maio Mostra de aceite de Quiroga Aceite Quiroga
Segundo domingo de maio Festa do choco de Redondela Choco Redondela
Segundo domingo de maio Festa da troita de Sigüeiro Troita Sigüeiro
Segundo domingo de maio Festa do pan de Carral Pan Carral
Terceiro domingo de maio Festa do salmón da Estrada Salmón A Estrada
Terceiro domingo de maio Festa do melindre de Melide Melindre e Rico Melide
Último domingo de maio Festa do galo de curral de Vila de Cruces Galo de curral Vila de Cruces
Último domingo de maio Festa da troita de Ponte Caldelas Troita Ponte Caldelas
Última fin de semana de maio Mostra do viño de Vilaboa Troita Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)
Último domingo de maio Festa do chicharrón de Feáns Troita Feáns (Elviña, A Coruña)
Primeira fin de semana de xuño Festa do viño tinto do Salnés Viño tinto do Salnés Barrantes (Ribadumia)
Segunda fin de semana de xuño Festa da cereixa de Beade Cereixa Beade (Vigo)
Segunda fin de semana de xuño Festa do requeixo de Corredoira Requeixo Corredoira (Cerdedo-Cotobade)
Último sábado de xuño Festa do roscón de xema da Guarda Roscón de xema A Guarda

Terceiro trimestre

[editar | editar a fonte]
Festa da empanada da Bandeira.

As celebracións adoitan concentrarse nos meses intermedios do ano debido a que no hemisferio norte é verán. De feito, as persoas emigradas en América do Sur que buscan recuperar os seus costumes realízanas contra fin de ano. En realidade non se trata de xuntarse para comer, senón de comer para xuntarse. Na actualidade, coa crecente urbanización de Galicia, as festas gastronómicas non son máis ca unha substitución (ás veces un remedo mal logrado) das romarías que levan xuntando ás parroquias veciñas durante séculos. Xa nas cantigas de amigo da época medieval aparecían as xuntanzas nun subxénero específico: a cantiga de romaría. Esta tradición está tan enraizada na sociedade galega que mesmo no proceso de aculturación actual vive un grande esplendor.

Data Festa Produto Lugar
Primeiro sábado de xullo Festa do percebe de Roncudo Percebe Corme (Ponteceso)
Primeiro domingo de xullo Festa da rosquilla de Gondomar Rosquilla Gondomar
Primeiro domingo de xullo Festa do pan de Cea Pan de Cea San Cristovo de Cea
Primeiro domingo de xullo Festa do cochiño de Cerceda Leitón ao espeto Cerceda
Primeiro domingo de xullo Festa dos callos da Laracha Callos A Laracha
Primeiro domingo de xullo Festa da cereixa de Paiosaco Cereixa Paiosaco (Lestón, A Laracha)
Primeira fin de semana de xullo Festa da langosta da Guarda Langosta A Guarda
Segunda semana de xullo Festa da faguía de Carnés Callos Carnés (Vimianzo)
Segundo sábado de xullo Festa do polbo de Mugardos Polbo Mugardos
Segunda fin de semana de xullo Festa do viño de Valdeorras Viño de Valdeorras O Barco de Valdeorras
Segunda fin de semana de xullo Festa da vieira de Cambados Vieira Cambados
9 de xullo (San Cristovo) Festa dos callos de Carnés Callos Carnés (Vimianzo)
Domingo máis próximo ó 11 de xullo Festa dos callos do Mosteiro Callos O Mosteiro (Meis)
Mediados de xullo Festa do lacón de Silleda Lacón Silleda
Terceira fin de semana de xullo Festa da merluza do pincho de Celeiro Merluza Celeiro (Viveiro)
19 de xullo Festa da paella de Cortegada Paella Cortegada (Silleda)
25 de xullo (Santiago Apóstolo) Festa da xouba de Rianxo Xouba Rianxo
25 de xullo (Santiago Apóstolo) Festa do churrasco de Covelo Churrasco Covelo
Última fin de semana de xullo Festa do percebe de Cedeira Percebe Cedeira
Última fin de semana de xullo Festa do percebe de Aguiño Percebe Aguiño (Ribeira)
Último domingo de xullo Festa do carneiro ó espeto Carneiro ó espeto Moraña
Último domingo de xullo Festa da bica de Manzaneda Bica A Pobra de Trives
Primeiro venres de agosto Romaría da tortilla de Laro Tortilla de patacas Laro (Silleda)
Primeiro sábado de agosto Festa do pemento de Herbón Pemento de Padrón Herbón (Padrón)
Primeiro sábado de agosto Festa do percebe de Rinlo Percebe Rinlo (Ribadeo)
Primeiro sábado de agosto Feira do bonito de Burela Bonito Burela
Primeiro domingo de agosto Festa do albariño Viño albariño Cambados
Primeiro domingo de agosto Festa da navalla de Fisterra Navalla Fisterra
Primeiro domingo de agosto Festa do mexillón de Vilanova de Arousa Mexillón e berberecho Vilanova de Arousa
Primeira fin de semana de agosto Festa do pemento da Arnoia Pemento da Arnoia A Arnoia
Primeira fin de semana de agosto Festa do pemento de Oímbra Pemento de Oímbra Oímbra
Primeira fin de semana de agosto Festa do galo piñeiro e mostra cabalar do Pino Galo piñeiro O Pino
Primeira fin de semana de agosto Mexilloada de Lorbé Mexillón Lorbé (Dexo, Oleiros)
Primeira fin de semana de agosto Festa da cebola chata de Miño Cebola chata Miño
Segunda fin de semana de agosto Festa do viño de Monterrei Viño de Monterrei Monterrei
Segundo domingo de agosto Festa do polbo do Carballiño Polbo O Carballiño
15 de agosto Festa do xamón da Cañiza Xamón A Cañiza
Segunda quincena de agosto Festa da ameixa do Carril Ameixa O Carril (Vilagarcía de Arousa)
Terceiro sábado de agosto Festa da empanada da Bandeira Empanada A Bandeira (Manduas, Silleda)
Terceiro sábado de agosto Festa do berberecho de Baldaio Berberecho Baldaio (Lema, Carballo)
Terceiro domingo de agosto Festa da empanada de Allariz Empanada Allariz
Terceiro domingo de agosto Festa da augardente do Condado Augardente Sela (Arbo)
Terceiro domingo de agosto Festa da ameixa de Campelo Ameixa Campelo (Poio)
Agosto Festa do xurelo de Chaín Xurelo Chaín (Gondomar)
Sábado despois do 16 de agosto Festa da queimada de Cervo Queimada Cervo
18 de agosto Festa da sardiña de Sada Sardiña Sada
Cuarta fin de semana de agosto Festa do polbo de Palmeira Polbo Palmeira (Ribeira)
Último domingo de agosto Festa do requeixo da Capela Requeixo A Capela
Último domingo de agosto Festa do porquiño á brasa de Amil Porco á brasa Amil (Moraña)
Último domingo de agosto Festa do pan de millo de Cabral Pan de millo Cabral (Vigo)
Último domingo de agosto Festa do requeixo da Capela Requeixo A Capela
Último domingo de agosto Festa da empanada de Noia Empanada Noia
Último domingo de agosto Festa do viño do Condado Viño do Condado Salvaterra de Miño
Primeira fin de semana de setembro Festa do pan de Neda Pan de Neda Neda
Primeira fin de semana de setembro Festa do polbo de Bueu Polbo Bueu
Primeira fin de semana de setembro Festa da empanada de Carral Empanada Carral
Primeiro sábado de setembro Festa da filloa de Valongo Filloa Valongo (Cerdedo-Cotobade)
Primeiro domingo de setembro Festa do caracol da Graña do Umia Caracol A Graña de Umia (Quintillán, Forcarei)
Terceiro domingo de setembro Festa da pataca de Coristanco Pataca Coristanco
Terceira fin de semana de setembro Mostra de viños e produtos das Mariñas de Betanzos Viño de Betanzos Betanzos
Último domingo de setembro Festa da anguía de Valga Anguía Valga
Finais de setembro Festa do chourizo ao viño de Ponte Chourizo ao viño Ponte (Silleda)

Cuarto trimestre

[editar | editar a fonte]

Os alimentos exaltados van facéndose cada vez de dixestión máis pesada a medida que vai chegando o inverno: cocido, capón, androia, chourizo... Isto débese ás esixencias alimentarias do clima, que piden unha comida máis enerxética.

Asemade tamén van aparecendo nestes meses produtos de tempada, que aparecen especialmente nesta época: queimada (tras a vendima), cogomelos, castañas (co conseguinte magosto) etc, loxicamente coincidindo coa etapa anual de máxima produción.

Data Festa Produto Lugar
Segunda semana de outubro Festa do marisco do Grove Marisco O Grove
Outubro Festa da castaña de Breixa Castaña Breixa (Silleda)
Primeiro domingo de outubro Festa da fabada da Laracha Fabada A Laracha
Domingo anterior ao 9 de outubro Festa da faba de Lourenzá Faba de Lourenzá Lourenzá
Segundo domingo de outubro Festa do caracol de Santa María de Sacos Caracol Sacos (Cerdedo-Cotobade)
Primeira quincena de outubro Festa da tortilla de Betanzos Tortilla de Betanzos Betanzos
Último domingo de outubro Festa da vieira de Bueu Vieira Bueu
Outubro ou novembro Festa do cogomelo de Soutelo de Montes Cogomelo Soutelo de Montes
1 de novembro Festa do cogomelo das Pontes de García Rodríguez Cogomelo As Pontes de García Rodríguez
Primeiro domingo de novembro Feira do mel de Oleiros Mel Oleiros
Primeiro domingo de novembro Festa da castaña e o cogomelo de Riós Castaña e cogomelo Riós
Primeira quincena de novembro Festa da castaña de Seoane do Courel Magosto Seoane do Courel (Folgoso do Courel)
11 de novembro Festa da castaña asada de Ourense Castañas asadas (magosto) Ourense
Penúltimo domingo de novembro Festa do cabazo de Cabral Cabazo Cabral (Vigo)
Fin de semana previa á Noiteboa Feira do galo de Arteixo Galo Arteixo
Fin de semana previa á Noiteboa Feira do capón de Vilalba Capón Vilalba

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

VV.AA. (2019): Fiestas gastronómicas 2019. Gadisa.