Cocido de Lalín
O cocido de Lalín é un prato típico da vila galega de Lalín e, en xeral de toda a comarca do Deza, elaborado a partir dos produtos procedentes do porco.
Ao redor deste prato, moi popular na gastronomía galega, celébranse, na mesma vila, a Feira do cocido de Lalín ou Festa do cocido e o Mes do cocido.
Existe, ademais, unha Orde protectora, a Encomenda do cocido.
Impulsado polo concello, pola Concellería de Promoción Económica, esta especialidade culinaria está presente na Feria Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) e noutros moitos certames deste tipo.
Feiras
[editar | editar a fonte]A feira do cocido
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Feira do cocido de Lalín.
As orixes da feira do cocido de Lalín, que se celebra o domingo anterior ao domingo de entroido, encóntranse nunha reunión que os alcaldes da comarca de Deza tiveron en 1968 destinada a encontrar estratexias de difusión e comercialización dos produtos típicos da gastronomía da comarca.
En 1999 esta festa foi declarada de Interese Turístico autonómico e, en 2010, de Interese Turístico Nacional.
A festa compleméntase cunha serie de actos festivos como bailes, desfile de carrozas e a Gala da Gastronomía de Galicia.
O mes do cocido
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Mes do cocido de Lalín.
Desde o día 15 de xaneiro até o 14 de febreiro, o concello de Lalín organiza o chamado mes do cocido que ten como finalidade a de impulsar o sector hostaleiro da comarca baseándose no típico e famoso prato do cocido. O lema que se utiliza é De San Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín.
Conta coa participación da Concellería de Promoción Económica e de varios restaurantes da vila (en 2006 máis de 26 establecementos e máis de 3.000 prazas de comedor) que se comprometen a realizar o prato a diario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cocido de Lalín: el triunfo del marrano, por Caius Apicius (Cristino Álvarez Herrera) (en castelán).
- Mes do cocido de Lalín