Saltar ao contido

Cristino Álvarez Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCristino Álvarez Herrera
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1947 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCristino Álvarez Hernández Editar o valor en Wikidata

BUSC: alvarez-herrera-cristino-1947

Cristino Álvarez Herrera, nado na Coruña o 26 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 19 de xaneiro de 2018,[1] foi un xornalista galego especializado en gastronomía, coñecido polo pseudónimo de Caius Apicius, co que asinou os seus artigos, reportaxes e críticas nesta materia.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Cristino Álvarez Hernández, unha relevante figura do franquismo na cidade da Coruña, que nos anos en que naceu Cristino Álvarez era concelleiro e posteriormente primeiro tenente de alcalde da cidade. Diplomado en xornalismo, foi xefe de información parlamentaria, editor e xefe de deportes e xefe de edición na Axencia EFE.

Admirador de Álvaro Cunqueiro, Josep Pla, Julio Camba, Martínez Llopis ou Néstor Luján, en xaneiro de 1981 comezou a publicar os seus traballos gastronómicos na Axencia EFE. Foi colaborador habitual de revistas como Sobremesa e xornais como La Voz de Galicia.

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • Premio Alimentos de España en medios de comunicación.
  • Premio Nacional de Gastronomía en 1992 ao mellor labor xornalístico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]