Saltar ao contido

Rinlo, Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Pedro de Rinlo
Vista da vila
ConcelloRibadeo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°33′24″N 7°06′15″O / 43.55654323, -7.10429584
Área1,13 km²
Poboación222 hab. (2020)
Densidade196,46 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Rinlo é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo. A freguesía pertence ó arciprestado de Ribadeo. Segundo o IGE en 2010 tiña 233 habitantes.

Conta cos lugares do Campo de María Méndez, O Campo de San Pedro, O Campo do Cristo, O Cantal, O Cotarelo e A Virxe Branca. Limita ao sur coa parroquia da Devesa, ao leste con Vilaframil, ao oeste con Reinante (do concello de Barreiros) e ao norte co mar Cantábrico. Está atravesada polo regato de San Xulián ou San Xián.

Xentilicio

[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é rinlego.[2]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo podería derivar do nome do pequeno río que desemboca no seu porto: Rivillus, palabra composta de rivius, (río) e a posposición diminutiva illus (río pequeno, regato). Perdido o v ante o i, fenómeno frecuente na formación das linguas romances, queda Riillus. O hiato formado polos dous ii fai desaparecer un deles, quedando Rillus, que acaba en Rilo, perdendo un l por redución fonética. O n que logo aparece é un fenómeno de nasalización secundaria, como esquecer / esquencer. Na Idade Media estaba documentado como Riilo.[3]

Vila mariñeira de longa tradición, aparece referenciada no tombo do mosteiro de San Salvador de Lourenzá, nun documento de 1268 que menta o 'Porto de Rielo de Meirengos', base das primeiras cabanas de pescadores.[4] Deu acubillo a tres cetarias, hoxe abandonadas. As súas actividades principais na actualidade son a extracción de percebes e o turismo.

A parroquia foi creada en 1896, segregándose os seus lugares da Devesa.[5] No ano 2009 iníciase o proceso para constituír un BIC, aínda sen rematar en 2022.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Vista xeral de Rinlo. Á dereita, o Mar Cantábrico. Ó fondo, a costa de Burela.
Casa indiana en Rinlo. Destaca o miradoiro e a pasarela no tellado. O horro (hórreo) é do estilo típico de Ribadeo (vista posterior).

A igrexa parroquial de San Pedro está sita á saída do núcleo urbano. Ten algún edificio curioso, como a Casa de Don Inocencio, unha casa de indianos cunha pasarela no tellado, amais de edificacións como a antiga escola, doazón dun indiano orixinario da zona. As casas da fachada cara ó porto zona teñen un colorido diverso.

Na actualidade un paseo costeiro recorre toda fronte da rasa ó pé do Cantábrico, incluída a zona de Rinlo, e facilita a visita ás tres cetarias, que forman parte da historia rinlega.

Festas e lecer

[editar | editar a fonte]

As festas patronais de San Pedro celébranse o 29 de xuño, cunha procesión ata o peirao. O 16 de xullo, como en case tódalas vilas mariñeiras, hónrase á Virxe do Carme, cunha misa que se celebra no porto. Recentemente recuperouse a festa do percebe, que se vén celebrando contra o 25 de xullo.

O porto ten gran tradición mariñeira, e conta ademais cun depósito e traída de augas.

[editar | editar a fonte]
Pra facer ben a costeira,
mariñeiriños rinlegos,
pra botar contas, no porto,
mariñeiriños focegos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Rinlo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Rinlo no concello de Ribadeo (Lugo)

O Campo de María Méndez | O Campo de San Pedro | O Campo do Cristo | O Cantal | O Cotarelo | Rinlo | A Virxe Branca

Parroquias de Ribadeo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Costas González, X.-H. "Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega" (PDF). Universidade de Vigo. p. 22. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo. 
  4. Moncho Mariño (1 de maio de 2022): «Carlota Eiros, arquitecta: “os documentos atestiguaban a existencia do porto de Rinlo xa no século XIII” Arquivado 01 de maio de 2022 en Wayback Machine.». Xornal da Mariña.
  5. "Rinlo, San Pedro". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. Consultado o 12 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]