Saltar ao contido

Piñeira, Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñeira
Vista xeral do barrio de Río. Á esquerda, a escola (ano 2001)
ConcelloRibadeo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°33′N 7°03′O / 43.55, -7.05
Área5,89 km²
Poboación340 hab. (2020)
Densidade57,72 hab./km²
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Piñeira é unha freguesía do concello de Ribadeo, pertencente ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo no ano 2004 tiña 354 habitantes, agrupados en 10 entidades e un lugar, cunha densidade de 60,1 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 322 habitantes, sendo 165 homes e 157 mulleres.

As entidades de poboación son O Alto dos Pinos (13), Barreiro (9), As Cruces (10), Dompiñor (69), A Eirexa (25), Folgosa (35), O Morgullón (16), O Outeiro (8), Río (32) e Vilar (105). O lugar (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) é Arelongo.

Limita ao norte co Mar Cantábrico, ao leste coa Ría de Ribadeo (que a separa de Asturias) e as parroquias de Ribadeo e Ove, ao sur coa de Ove e Vilaselán e cara ao oeste as de Vilaframil, A Devesa, Vilaselán e Rinlo. Ten unha altitude media de 36 m.

Igrexa parroquial

A freguesía xunto a outras próximas foron doadas no ano 1182 por Fernando II ao bispo de Mondoñedo para que establecese a capital da diocese en Mondoñedo.[2] Pero outros historiadores fan saber que o nome de Piñeira ten unha escura relación coa posibilidade de que antano nesta zona fose abundante, ademais do carballo, o piñeiro de mar.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xoán de Piñeira dispón dunha cruz parroquial de prata rococó do derradeiro terzo do século XVIII, probablemente obra do taller compostelán.

En Río atópase o Castro de Fornelo.[3]

Festas e lecer

[editar | editar a fonte]

A festa do Santo Cristo celébrase o derradeiro domingo de setembro. Noutrora celebrábanse as de San Xoán (24 de xuño) e a do Santo Rosario (27 de decembro).

Na parroquia están a praia da Olga e a praia da Areosa. No interior levouse a cabo unha concentración parcelaria.

Lugares de Piñeira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribadeo (Lugo)

O Alto dos Pinos | Arelongo | Barreiro | As Cruces | Dompiñor | A Eirexa | Folgosa | O Morgullón | O Outeiro | Río | Vilar


Parroquias de Ribadeo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo. 
  3. Rodríguez Díaz, José María ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]