Folgosa, Piñeira, Ribadeo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Folgosa.
Folgosa | |
---|---|
Parroquia | Piñeira |
Concello | Ribadeo |
Coordenadas | 43°32′00″N 7°05′11″O / 43.5333363, -7.0865269 |
Poboación | 33 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Folgosa é un lugar da parroquia de Piñeira no concello lugués de Ribadeo, sito na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2016 tiña 33 habitantes (16 home e 17 mulleres).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Está documentada como Felcosa. Segundo Xosé María Rodríguez, Felc procede do latín filix, (folgueira). O segundo é o sufixo abundancial osus, que dá Filicosa. O primeiro -i- de Filicosa convértese en -e- por disimilación, quedando Felicosa. O -i seguinte pérdese pola súa proximidade á tónica, igual que salicarius > salgueiro. Logo o -c-, por suavización, evoluciona a -g-, como amicus > amigo, dando Folgosa, lugar de moitas folgueiras.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Piñeira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Alto dos Pinos | Arelongo | Barreiro | As Cruces | Dompiñor | A Eirexa | Folgosa | O Morgullón | O Outeiro | Río | Vilar |
Parroquias de Ribadeo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 24 de abril de 2021.