Castro, Carballedo
Castro | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de Castro (Porta ao nacente) | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°31′54″N 7°47′05″O / 42.531694, -7.784812 |
Poboación | 167 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 209 habitantes (101 homes e 108 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes. En 2016 segundo o INE tiña 191 habitantes, 97 mulleres e 94 homes; en 2020 eran 167, 79 homes e 88 mulleres.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[2][3][4][5][6]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castro de forma circular presenta unha caída de aproximadamente 8 metros dende a cima ata o camiño e prados que o rodean polo lado N-NE . Polo lado S presenta un túmulo de gran elevación que corresponde a unha gran rocha.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castro.
- ↑ "Entrada castro en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ 2ª declinación de substantivo neutro. Segundo Lewis & Short, elemento do dicionario vinculado en ligazóns externas, xeneral, ben sexa en singular ou plural, castra cun posible significado de tendas.
- ↑ Campbell 2009, p. 4
- ↑ "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 09/10/2017.
- ↑ "Patrimonio arqueolóxico". Concello de Carballedo. Consultado o 09/10/2017.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fiestra
-
Detalle Igrexa
-
Igrexa
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Castro no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
O Bañal | O Bosque | A Canteira | Castrelo | Castro | A Eirexe | Nande | Pepes | Portugalete | Puvieiros | Santa Baia | A Tapada |
Parroquias de Carballedo
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campbell, Duncan B. (2009). Roman Auxiliary Forts 27 BC-AD 378. Oxford: Osprey Publishing. ISBN 978-1-84603-380-3.