Saltar ao contido

Santa Mariña do Castro, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Mariña do Castro
Igrexa parroquial.
ConcelloCarballedo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°33′27″N 7°51′53″O / 42.55761659, -7.86460081
Poboación80 hab. (2019)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Mariña do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 107 habitantes (54 mulleres e 53 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 114 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 90 habitantes, sendo 42 homes e 48 mulleres. No de 2016 tiña 77 habitantes, 42 mulleres e 35 homes, segundo o INE.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo fai referencia a unha santa, en latín Sancta Marina. Castro, do latín castrum: fortaleza[2].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa, situada no lugar de Santa Mariña, data do século XVIII[3]

O castro que dá nome á parroquia está alterado pola labra con maquinaria agrícola. Presenta unha chaira interior dedicada á pasteiro e zona de cultivo agrícola totalmente amurada ó redor. Na parte N pódese apreciar un muro cunha profundidade duns 2 m no que se ven claramente os contrafortes.[4]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 19/09/2017. 
  3. "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 21/09/2017. 
  4. "Patrimonio arqueolóxico". Concello de Carballedo. Consultado o 22/09/2017. 

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa Mariña do Castro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Santa Mariña do Castro no concello de Carballedo (Lugo)

O Cotarelo | Freán | A Lama de Fente | O Pereiro | Rubiás | Santa Mariña

Parroquias de Carballedo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]