Saltar ao contido

Lousada, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago de Lousada
Igrexa Parroquial de Santiago de Lousada
ConcelloCarballedo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°31′47″N 7°48′36″O / 42.52976704, -7.81006985
Poboación278 hab. (2020)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Lousada é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 307 habitantes (162 mulleres e 145 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña 307 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 272 habitantes, sendo 131 homes e 141 mulleres. Segundo o INE en 2016 tiña 283 habitantes, 143 mulleres e 140 homes. En 2020 eran 278, 140 mulleres e 138 homes.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo vén do latín lausata: casas con teitos de lousado.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de estilo románico, situada en Lousada de Arriba, data de finais do século XII. No testamento de Vasco Pérez de Temes xa se fala do mosteiro de Santiago de Losada. Tal documento está datado en 1333 e nada máis se sabe do citado cenobio. No interior, no muro sur da nave e moi preto da porta principal, atópase o sepulcro cos restos de Vasco Pérez de Temes[3].

Nesta parroquia naceu o filántropo galeguista, Francisco Domínguez Mosquera.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Santiago de Lousada

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Lousada no concello de Carballedo (Lugo)

A Barrela | Lousada de Abaixo | Lousada de Arriba | Lulaíños | San Paio | Valiño

Parroquias de Carballedo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]