Lousada de Arriba, Lousada, Carballedo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lousada de Arriba.
Lousada de Arriba | |
---|---|
Parroquia | Lousada |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°31′56″N 7°48′45″O / 42.53213889, -7.81247222 |
Poboación | 10 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lousada de Arriba é un lugar da parroquia de Lousada, no concello de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 10 habitantes (4 mulleres e 6 homes).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo vén do latín lausata: casas con teitos de lousado. De Arriba por estar máis alta ca Lousada de Abaixo.[1]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de estilo románico, situada en Lousada de Arriba, data de finais do século XII. No testamento de Vasco Pérez de Temes xa se fala do mosteiro de Santiago de Losada. Tal documento está datado en 1333 e nada máis se sabe do citado cenobio. No interior, no muro sur da nave e moi preto da porta principal, atópase o sepulcro cos restos de Vasco Pérez de Temes[2].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santiago de Lousada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lousada no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
A Barrela | Lousada de Abaixo | Lousada de Arriba | Lulaíños | San Paio | Valiño |
Parroquias de Carballedo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nomes de lugar no concello de Carballedo". Os Parentes. Arquivado dende o orixinal o 04/09/2017. Consultado o 21/09/2017.
- ↑ "Patrimonio relixioso". Concello de Carballedo. Consultado o 22/09/2017.