A Cova, Carballedo
A Cova | |
---|---|
Igrexa de San Xoán da Cova | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°29′33″N 7°42′20″O / 42.49261966, -7.70552664 |
Poboación | 29 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán da Cova é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. En 2016 tiña 35 habitantes, 16 mulleres e 19 homes segundo o INE, no 2020 eran 29; 13 mulleres e 16 homes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo é igual no latín vulgar cova fronte ao clásico cavus,a,um: oco, cóncavo[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Xoán da Cova, románica do século XII, foi declarada en 1850 monumento histórico artístico. A igrexa formou parte dun mosteiro de monxas bieitas de incerta fundación, que chegou a depender de Chouzán. Pola construción do encoro dos Peares tivo que ser trasladada pedra a pedra ata o lugar no que se encontra actualmente.
Ten planta rectangular de nave única con ábsida semicircular, cubríndose respectivamente con madeira e bóvedas de canón e forno. A porta principal está formada por un arco apuntado de tres arquivoltas, sobre tres pares de columnas, no tímpano pódese ler en latín: "Na honra de N.S.X.C. dá B sempre V. María o soldado Pedro García mandou facer de seu esta igrexa".
A porta lateral norte pertence a unha capela que non se trasladou e presenta dobre arquivolta apuntada que se apoia sobre columnas acobadadas. Neste muro está o sepulcro da Abadesa. No interior destaca o arco triunfal moldurado en bocel de media cana con botóns na rosca.
Tralo traslado, a igrexa levántase no lugar de Piñarrostro, actualmente deshabitado. Moi cerca construíuse a nova igrexa da Cova.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ábsida da igrexa de San Xoán da Cova.
-
Igrexa de San Xoán da Cova.
-
Portada setentrional da igrexa da Cova.
-
Sepulcro na igrexa da Cova.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Igrexa nova da Cova". google.maps. Consultado o 13/10/2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Cova
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Cova no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Arxemil | A Carballeira | O Catasol | Cima de Vila | Fondo de Vila | O Mallo | Outeiro | Papelle | Piñarrostro | A Ribeiriña | San Cristovo | A Vila | Vilanfesta | Vilar |