Festa do marisco do Grove
A Festa do marisco do Grove, ou festa de exaltación do marisco do Grove, é unha festa gastronómica que se celebra cada ano no concello do Grove. Celébrase desde 1963, e está declarada festa de interese turístico nacional de España.
Características
[editar | editar a fonte]Durante o festexo póñense á venda mariscos e peixes a prezos populares, preparados e servidos polos habitantes do lugar. Os produtos da zona atraen cada ano miles de persoas, convertendo este evento en toda unha referencia e facendo que O Grove alcanzase o sobrenome de "paraíso do marisco". Ademais, na festa, non faltan a música e os bailes populares, os concursos e as competicións deportivas, así como seminarios e exposicións.[1]
Este evento gastronómico-cultural pon de relevo os piares básicos da economía deste pobo costeiro: o turismo e a pesca. Ambos os dous, conxugados, fan posíbel que esta festa de promoción cultural siga adiante.[2]
A gran calidade dos produtos do mar ofrecidos, o custe axustado dos pratos, o servizo dentro das carpas, o ambiente festivo, os espectáculos, concertos e a gran variedade de actividades atraen cada ano milleiros de persoas para gozar na festa máis importante do concello, e unha das máis importantes de España a nivel gastronómico, polo que foi declarada de Interese Turístico Nacional o ano 2013 e agora ten o punto de mira en conseguir a declaración de Interese Turístico Internacional.[3]
A Festa do Marisco do Grove celébrase cada ano coincidindo coa ponte do Pilar, nas primeiras semanas de outubro, cando o marisco se encontra na súa época de esplendor en sabor e aínda mantén uns prezos para todas as bolsas xusto antes de empezar a escalada de prezos para o Nadal.
Nota
[editar | editar a fonte]- ↑ Fiesta del Marisco. O Grove, Pontevedra (Galicia) en spain.info (en castelán).
- ↑ Fiesta del marisco Arquivado 28 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. en turismogrove.es (en castelán).
- ↑ Fiesta del marisco O Grove en ogrove.net (en castelán).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festa do marisco do Grove |