Cerro Lambaré
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Continente | América ![]() | |||
División administrativa | Paraguai ![]() | |||
| ||||
O Cerro Lambaré é unha formación rochosa de orixe volcánica situada a beiras do río Paraguai, dentro do radio urbano da cidade de Asunción.[1]
Monumento
[editar | editar a fonte]No cume do cerro atópase o Monumento a la Paz Victoriosa, un miradoiro inspirado polo Valle de Cuelgamuros,[2] monumento polo cal o ditador Alfredo Stroessner quedara sorprendido na súa visita a España. Para a súa edificación, o goberno paraguaio accedeu ao contacto dun dos arquitectos do ditador Francisco Franco, Juan de Ávalos y Taborda.[3]
En 1976, despois da morte de Franco, o arquitecto estremeño chegou a Paraguai e empezou a facer observacións, medicións, planos e deseños. En 1979 comezaron as obras dirixidas polo mesmo Juan de Ávalos, con total liberdade por parte do goberno paraguaio. A obra culminouse en 1982 e estableceuse o 28 de abril dese ano como o Monumento a La Paz Victoriosa.
Na base eríxese a estatua dun cacique indíxena, que moitos atribúen como homenaxe ao famoso cacique Lambaré, sostendo unha pequena imaxe da Virxe María. Polas paredes exhíbense gravados históricos gregos, e no alto do monumento osténtase a talla dun anxo. A obra conta coas estatuas dos patriarcas do país, o prócer José Gaspar Rodríguez de Francia; o primeiro presidente constitucional, Carlos Antonio López; o mariscal Francisco Solano López e o expresidente e asinante da acta de fundación da Asociación Nacional Republicana, Bernardino Caballero. Ata o 7 de outubro de 1991, contaba tamén coa figura do ditador Stroessner, pero foi derrubada polo intendente da cidade nese entón, Carlos Filizzola.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Verón, Luis (7 de setembro de 2013). "El cerro… siempre el cerro". ABC Color (en castelán). Paraguai. Consultado o 2025-01-21.
- ↑ "Entre eliminación y homenaje". ABC Color (en castelán). Paraguai. 6 de novembro de 2016. Nacionales. Consultado o 2025-01-21.
- ↑ 3,0 3,1 Colmán Gutiérrez, Andrés (2016-05-19). "El día en que Stroessner fue derribado del cerro Lambaré". Última Hora (en castelán). Consultado o 2025-01-21.