Cesáreo Rey Baltar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1890 Padrón, España |
Morte | 1985 (94/95 anos) Bilbao, España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Familia | |
Pai | Manuel Rey Gosende |
Irmáns | Ramón Rey Baltar Andrés Rey Baltar |
Cesáreo Rey Baltar, nado en Padrón o 7 de novembro de 1890 e finado en Bilbao en 1985, foi un médico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Rey Gosende. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1914.[1] Doutoróuse na Universidade de Madrid en 1915 coa tese Estudio del tratamiento quirúrgico del cáncer del cuello uterino basado en los casos de la clínica de ginecología de la Universidad de Santiago.[2] Como médico exerceu no Sanatorio Baltar. Foi profesor auxiliar da Facultade de Medicina da USC. Recibiu unha bolsa da Junta de Pensiones para ampliación de Estudos de Obscetricia e xinecoloxía en Suíza en 1916.[3] Obtivo a praza de cirurxián do hospital de Basurto (Bilbao) en 1925,[4] onde foi xefe de Servizo de Xinecoloxía. Foi presidente da Casa de Galicia de Bilbao.[5] En 1931 adheriuse á Agrupación al Servicio de la República de Bilbao.[6]
O seu irmán Andrés Rey Baltar foi fusilado polos franquistas ao comezo da guerra civil.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ourense con María Isabel Feijoo García, filla de Pedro Feijoo López, en 1922,[7] e foi pai de María del Carmen, Manuel, Cesáreo, Estanislao, María Begoña e María Teresa Rey Feijoo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de Galicia, 11-6-1914, p. 2.
- ↑ Estudio del tratamiento quirúrgico del cáncer del cuello uterino basado en los casos de la clínica de ginecología de la Universidad de Santiago
- ↑ España Médica, 10-10-1916, p. 14.
- ↑ El Compostelano, 5-11-1925, p. 2.
- ↑ El Noroeste, 14-8-1926, p. 1.
- ↑ Agrupación al Servicio de la República de Bilbao (BILBOKO ERREPUBLIKAZALEAK-2)
- ↑ La Voz de la Verdad, 3-10-1922, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rey Baltar, Cesáreo 1890-1985 Arquivado 01 de agosto de 2021 en Wayback Machine. en Médicos históricos. Biblioteca Complutense.
- El Sanatorio Quirúrgico de Santiago y de Galicia