Chaetopleura angulata
Aparencia
Chaetopleura angulata | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Chaetopleura angulata, un quitón, é un molusco poliplacóforo da familia Ischnochitonidae, animal relativamente grande, cunhas dimensións de 50 mm[2] presenta a cuncha formada por oito placas calcarias fortemente unidas[3], uniformes e paralelas sobre uns bordos coriáceos. Atópase entre os 5 e os 50 metros de profundidade e aliméntase fundamentalmente de pequenos crustáceos[4]. Orixinario da rexión entre o Río de Xaneiro e a Patagonia, actualmente tamén se atopa no litoral de Portugal e Galicia transportado nas áncoras dos navíos [5], e é unha especie moi esparexida nalgunhas rías galegas, como a de Ferrol[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shuttleworth (1853). Mitt. naturf. Ges. Bern 1853: 190.
- ↑ Jorge Rabassa The Late Cenozoic of Patagonia and Tierra Del Fuego. Elsevier, 2008, páxina 314
- ↑ Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt Guía dos moluscos de Galicia, Galaxia, 1996, páxina 17
- ↑ Eliane Pintor Arruda, Alexandra Elaine Rizzo Manual de identificação dos invertebrados marinhos da Região Sudeste-Sul do Brasil. EdUSP, 2006, páxina 35
- ↑ Piet Kaas et al. Monograph of Living Chitons: Mollusca: Polyplacophora. BRILL, 1985, páxina 24
- ↑ Victoriano Urgorri et al. Malacofauna asociada a una biocenosis de maerl en la Ría de Ferrol (Galicia, NO España). Anales de Biología, vol. 18, Universidade de Murcia, 1992, pp. 161-174