Chalota
Chalota | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chalota a florear | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Allium ascalonicum' L. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 301 kJ (72 kcal) |
16.8 g | |
Azucres | 7.87 g |
Fibra alimentaria | 3.2 g |
0.1 g | |
2.5 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 5% 0.06 mg |
Riboflavina (B2) | 2% 0.02 mg |
Niacina (B3) | 1% 0.2 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 6% 0.29 mg |
Vitamina B6 | 27% 0.345 mg |
Ácido fólico (B9) | 9% 34 μg |
Vitamina C | 10% 8 mg |
Vitamina E | 0% 0.04 mg |
Vitamina K | 1% 0.8 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 4% 37 mg |
Ferro | 9% 1.2 mg |
Magnesio | 6% 21 mg |
Manganeso | 14% 0.292 mg |
Fósforo | 9% 60 mg |
Potasio | 7% 334 mg |
Cinc | 4% 0.4 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
A chalota[1][2] (Allium ascalonicum) é unha especie de cebola miúda usada coma hortaliza pertencente á familia das aliáceas, orixinaria de Asia central. Tamén recibe en galego as denominación de ascalonia e allo de Ascalonia[3]. Non é un cultivo tradicional en Galiza.
Descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dunha planta herbácea da familia Amaryllidaceae, perenne, de 30 a 50 cm de altura, coas follas lineais, cilíndricas, as flores brancas ou moradas, e as sementes de cor escura, caracterizada por ten unha parte subterránea formada por varios bulbos ovoides comestíbeis, brancos por dentro e avermellados por fóra, as chalotas propiamente ditas.
A diferenza das cebolas, onde normalmente cada planta constitúe un único bulbo, as chalotas forman grupos de bulbos, e non a xeito de allos.
Usos
[editar | editar a fonte]Como a maioría das plantas deste xénero, a chalota cultívase con fins culinarios. A parte comestíbel desta planta está na base das follas, que forma bulbos, ovados de forma e sabor entre o allo e maila cebola. Resulta ideal para os mollos de carne e é aceptada dende hai anos pola cociña francesa.
As cebolas empréganse crúas ou cociñadas Crúas serven para dar aroma ás ensaladas. Cociñadas empréganse en mollos, caldos ou para acompañar pratos de carne. As follas picadas poden substituír os do ceboliño.
A chalota é un parente da cebola, o sabor aseméllaselle un pouco, pero con matices doces e macíos. Adoita ser máis cara cá cebola, e é escasa nos mercados galegos. Pódese almacenar durante polo menos 6 meses.[4]
Semllante ao que acontece coas cebolas, as chalotas crúas ceiban produtos químicos que irritan os ollos cando se tallan ou se fan toros, o que resulta lacrimóxeno.
Cultivo
[editar | editar a fonte]- A plantación dos bulbos pódese facer polo outono ( de outubro a decembro) ou a finas do inverno (marzo ou abril) segundo as variedades. As calotas aturan moi ben o frío. Nos Países Baixos prodúcense recenetemente carabuñas para sementar no canto das cebolas.
- A colleita faise entre os cinco e nove meses despois da plantación, contra o mes de Santiago.
- Os bulbos ben secos pódense conservar nun local fresco diversos meses.
Principais variedades
[editar | editar a fonte]As variedades cultivadas en Francia agrúpanse en dous grupos: ascalonias ou chalotas cinsentas (échalotes grises), as máis apreciadas por seren as máis recendentes e as ascalonias ou chalotas rosadas (échalotes roses do tipo 'Jersey').
- Échalote grise ;
- Échalote de Jersey (échalote rose) ;
- Échalote 'Cuisse de poulet', ou échalion, que é en realidade un tipo particular de cebola.
- Echalote longue, bretonne, de cor amarela alaranxada (plántase de xaneiro a fins de febreiro) ;
- Echalote demi-longue bretonne, de cor arroibada (plántase do 15 de marzo a principios de maio).
Propiedades
[editar | editar a fonte]Indicacións: é estomacal, nutritivo, dixestivo, diurético, afrodisíaco. Úsase o bulbo.[5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Allium ascalonicum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Flora Palaestina 17, no ano 1756.[6][7][8]
Allium: nome xenérico moi antigo. As plantas deste xénero eran coñecidas tanto polos romanos como polos gregos. Porén, semella que o termo ten unha orixe celta e significa "queimar", en referencia ao forte cheiro agre da planta.[9] Un dos primeiros en utilizar este nome para fins botánicos foi o naturalista francés Joseph Pitton de Tournefort (1656-1708).
ascalonicum: epíteto xeográfico que procede de Ascalón, vila de Israel onde se cultivaba.
- Allium carneum Willd.
- Allium fissile Gray
- Allium hierochuntinum Boiss.
- Cepa ascalonica (L.) Garsault
- Porrum ascalonicum (L.) Rchb.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ A RAG non recolle termo ningún para esta especie
- ↑ Guía da alimentación a través de Buscatermos - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15683062
- ↑ "Allium ascalonicum". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2000. Consultado o 29 de agosto de 2013.
- ↑ "Allium ascalonicum". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2009.
- ↑ Chalota en Trópicos
- ↑ "Chalota". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2012. Consultado o 8 de xullo de 2013.
- ↑ 8,0 8,1 Chalota en PlantList
- ↑ Giacomo Nicolini, Enciclopedia Botanica Motta. Volume primo, Milano, Federico Motta Editore, 1960, pax. 76.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chalota |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chalota |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Allium (xénero)
- Allo
- Cebola
- Planta medicinal
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Flora of China Editorial Committee. 2000. Flora of China (Flagellariaceae through Marantaceae). 24: 1–431. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alternative medicine in food- Shallots Arquivado 12 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.