Saltar ao contido

Planta medicinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A carqueixa (Genista tridentata) é unha planta con gran tradición medicinal en Galiza

Unha planta medicinal é un recurso, cuxa parte ou extractos se empregan como drogas no tratamento dalgunha doenza. A parte da planta empregada medicinalmente coñécese co nome de droga vexetal, e pode subministrarse baixo diferentes formas galénicas: cápsulas, comprimidos, crema, decocción, elixir, infusión, xarope, tintura, ungüento etc. En Galiza existe unha gran tradición de uso de herbas medicinais, que aínda que se está a perder, teñen recollidos moitos autores, entre os primeiros Martín Sarmiento[1] ou Eladio Rodríguez[2].

Manuscrito do De materia medica de Dioscórides, amosando as supostas propiedades medicinais da mandrágora.
Herbas medicinais nunha feira medieval, en Burgos (España).

O uso de menciñas de orixe vexetal remóntase á época prehistórica, e é un dos xeitos máis estendidos da medicina, presente en virtualmente todas as culturas coñecidas. A industria farmacéutica actual baseouse nos coñecementos tradicionais para síntese e elaboración de fármacos, e o proceso de verificación científica destas tradicións continúa hoxe en día, descubríndose constantemente novas aplicacións. Moitos dos fármacos empregados hoxe en día —coma o opio, a quinina, a aspirina ou o estract de dedaleira— replican sinteticamente ou illan os principios activos de remedios vexetais tradicionais coñecidos incluso desde épocas prehistóricas. A súa orixe persiste nas etimoloxías —como o ácido salicílico, así chamado por extraerse da casca do salgueiro (Salix spp.) ou os glicósidos cardíacos ou dixitálicos extraídos do estraloque.

Elementos medicinais

[editar | editar a fonte]

No metabolismo normal de todos os seres vivos, o organismo produce algunhas substancias a partir dos nutrientes obtidos do medio; algúns destes compostos químicos forman parte do proceso en todas ou case todas as especies, mentres que outros reflicten as peculiaridades de cada unha delas. Entre os compostos da primeira clase —chamados metabolitos primarios— atópanse os glícidos e lípidos, aproveitados na alimentación; os compostos de uso terapéutico, pola contra, corresponden normalmente aos metabolitos secundarios, e se obteñen só de organismos específicos. Poucas veces a función que estes cumpren na medicina se corresponde coa que cumpre no ciclo vital da planta en cuestión; a digoxina, por exemplo, que se concentra nas follas e flores do estraloque (Digitalis purpurea) como tóxico para evitar o seu consumo por animais herbívoros, emprégase terapeuticamente coma inotrópico para os pacientes que padecen de arritmia cardíaca. Outros compostos usados en medicina son utilizados pola planta para atraer axentes polinizadores. No metabolismo normal de todos os seres vivos, o organismo produce algunhas substancias a partir dos nutrientes obtidos do medio; algúns destes compostos químicos forman parte do proceso en todas ou case todas as especies, mentres que outros reflicten as peculiaridades de cada unha delas. Entre os compostos da primeira clase —chamados metabolitos primarios— atópanse os glícidos e lípidos, aproveitados na alimentación.

Extracción e emprego

[editar | editar a fonte]

Só raramente a planta enteira ten valor medicinal; normalmente os compostos útiles se concentran nalgunha das súas partes: follas, sementes, flores, cascas e raíz se utilizan con frecuencia. O xeito de aplicación varían do mesmo modo; un xeito frecuente de uso é a infusión, na que o principio activo se disolve na auga mediante unha cocedura máis ou menos longa. A tisana resultante bébese; plantas empregadas deste xeito inclúen o tileiro (Tilia platyphyllos), cuxo principio activo é o euxenol, o maracuxá (Passiflora edulis), cuxos principios activos inclúen o harmol[3] e o harmano, ou o mesmo café (Coffea arabica), cuxa infusión contén cafeína.

Outras plantas prepáranse en tinturas, cómense, inhálase o seu fume ou aplícanse topicamente[4] como emplastos[5] ou cataplasmas.

Preparación e administración das plantas medicinais

[editar | editar a fonte]

A administración das plantas medicinais e dos produtos derivados destas debe estar acompañada dos máximos coidados, para garantir o bo suceso do tratamento. Contrariamente á crenza xeral, os mellores resultados non sempre se obteñen co uso das plantas frescas ou con preparacións caseiras. O facer extractos de plantas procesadas permite obter máis principios activos.[6]

Cataplasma e emplasto

[editar | editar a fonte]

O emplasto é un medicamento de aplicación externa, que abranda coa calor e se adhire facilmente á pel; porén unha cataplasma é un preparado en forma de pasta que, colocado entre dúas teas, se aplica sobre algunha parte do corpo para aliviar a dor ou curar unha inflamación[7] A cataplasma prepárase esmagando a parte da planta que contén a propiedade de sandar, pódese quecer e se aplica directamente sobre a área afectada que se quere tratar. Para preparar o emplasto pódese mesturar a parte da planta a utilizar con fariña, arxila ou semellante obtendo unha pasta que se aplica sobre a área afectada. Porén o emplasto tamén se pode aplicar só coa planta resultado da cocedura.[8]

Cocemento

[editar | editar a fonte]

Prepárase fervendo uns minutos (arredor de 5 minutos) a planta e despois coándoa. Cómpre verificar que a calor non afecte ou destrúa os principios activos. A cocedura ou coza é axeitada polo xeral para as partes duras da planta, como son: toros, raíces, cascas e sementes. As sementes hai que deixalas na sombra uns tres días.

Unha compresa é unha tira de tecido branco e fino, de algodón ou gasa, dobrado varias veces ou comprimido, que se aplica cun medicamento sobre unha parte do corpo ou para hixienizar[9]. É unha preparación semellante á cataplasma, mais neste caso no canto de aplicar a planta directamente, utilízase unha extracción acuosa, aplicada nun pano ou toalla. As compresas poden ser quentes, xeralmente aplicadas no caso de inflamacións e abscesos[10]; ou ben frías, preferíbeis para tratar casos de cefalaxia ou conxuntivite.

É un xeito de inxerir as herbas medicinais dunha forma directa, sen modificación algunha ou transformación consecuencia do procesamento. Lávanse, desinféctanse e enxúganse as partes da planta que se arela comer, e se prepara coma unha ensalada tradicional, eventualmente mesturándoa con outras verduras ou vexetais, adubándoa co sal, o aceite de oliva, o vinagre ou o limón.

Os principios activos das plantas medicinais obtéñense tamén por un tipo de extracción chamada “sólido-liquido”. Este proceso consta de tres etapas:

  1. Penetración do disolvente nos tecidos dos vexetais e inchume;
  2. Disolución das substancias extraíbeis;
  3. Difusión das substancias extraíbeis disolvidas fóra da célula vexetal.

A forma de extracción máis frecuente é por maceración, este proceso ten algunhas vantaxes sobre o coado e contracorrente. Tamén se pode procesar a extracción mediante métodos que involucran o ultrasón, o eléctrico, e o vórtice (turbo). A extracción dos extractos require dun certo equipamento e coñecemento de procesos químicos.

A súa presentación final poden ser: tinturas (1:10); extractos fluídos (1:2), brandos, cunha consistencia parecida ao mel, viscosos ou firmes (masas plásticas, que licúan as quecer), secos (cando desecou a mestura) e nebulizados (obtidos por atomización do disolvente.)

Gargarexo ou enxaugadura

[editar | editar a fonte]

É a aplicación dun líquido á cavidade bucal. Úsase para lograr a acción local na boca e/ou gorxa e así limpar de secrecións bacterias e impurezas estas áreas. Pode usarse para previr infeccións bucais ou respiratorias. Para prepararse o líquido pode usarse unha infusión, un cocemento ou o zume da planta.

Infusión

[editar | editar a fonte]

Unha infusión é acción de somerxer unha substancia vexetal nun líquido moi quente co fin de extraer algún dos seus compoñentes solúbeis[11]. É o xeito de preparación máis frecuente e sinxelo, tamén se lle denomina té. Forma parte dunha cultura de consumo de herbas aromáticas que se usan non só para fins medicinais. Ao non usar calor directa, garántese que as súas partes non sofren deterioración. Máis frecuentemente se usa para as partes brandas das plantas como follas e flores.

Os xaropes prepáranse extraendo con auga os compoñentes activos ou medicinais da planta e disolvendo despois nesta unha gran cantidade de azucre ou mel coma conservante. Pode prepararse a partir de extractos hidroalcólicos, conservarse por períodos longos e acostúmaselle dar un sabor agradábel para facilitar a súa administración aos cativos. A preparación iníciase de xeito semellante á infusión, mais se deixa repousar algunhas horas e despois se filtra o líquido, engádese o azucre ou o mel, e se dilúe e se pon a ferver algúns minutos para callar as substancias albuminosas, despois se coa e se garda nunha garrafa ou nun frasco de cor ámbar, se etiqueta e se garda (até 30 días) nun local limpo e abeirado da calor e da luz.

Os zumes obtéñense sempre ao espremer ou licuar as plantas frescas ou os seus froitos. Nalgúns casos, especialmente para tubérculos ou raíces se recomenda pólos en remollo durante un período de 8 a 12 horas antes de espremelos.

Lavaduras

[editar | editar a fonte]

É a aplicación de infusións, cozas ou tinturas diluídas para tratar topicamente afeccións externas localizadas, como feridas, chagas, úlceras, hemorroides, vaxinite e outras afeccións da pel ou das mucosas.

Lavativa ou clister

[editar | editar a fonte]

Unha lavativa ou clister é un líquido que se introduce polo ano para provocar a evacuación ou con outros fins terapéuticos, e a mesma operación de introducilo[12]. Aplícase de preferencia en xaxún e o paciente debe permanecer deitado durante a aplicación e durante un tempo de polo menos unha hora despois da aplicación.

Po ou voaxa

[editar | editar a fonte]

O po obtense esmagando a planta seca, o material pode ser esnaquizado e peneirado varias veces, até acadar o tamaño desexado das partículas. O po vexetal é doado de manexar, formular e arranxar en preparados fitofarmacéuticos, a través da mestura, encapsulado e da compresión. Existen dúbidas acerca da bio-dispoñibilidade dos principios activos medicinais extraíbeis naturalmente de po de plantas secas que toman en cápsulas ou comprimidos, xa que a absorción nesta forma é mínima. Pódese aumentar a absorción diluíndo o po en líquidos ou mesturándoos en alimentos sólidos.

Preparados fitofarmacéuticos

[editar | editar a fonte]

Os extractos obtidos industrialmente deben reunir polo menos cinco aspectos: a materia médica, onde se encontran os principios activos debe ser axeitadamente moída, a extracción debe efectuarse co disolvente adecuado, pode extraerse por maceración ou coado, a concentración debe ser por un método que non afecte o principio activo e algunhas drogas requiren tratamentos preliminares antes de se usar. Con extractos procesados é posíbel facer preparados fitofarmacéuticos que son máis fáciles de dosificar, tales como formas sólidas (comprimidos, pílulas, comprimidos efervescentes, cápsulas de xelatina dura, gránulos), formas líquidas (xaropes, gotas, solucións, suspensións en cápsulas de xelatina suave) e formas para uso local (cremas ungüentos, pomadas, xeles, colirios e supositorios).

Obtense deixando en contacto a parte da planta seca a utilizar, cunha mestura de alcol ao 40% en auga durante 3-5 días, con axitación diaria e filtración. As tinturas úsanse de base para a formación de elixires que conteñen mesturas de varias plantas e substancias estabilizantes como o glicerol. Teñen a vantaxe de ser máis estábeis e de doada dosificación.

Os vapores de certas plantas emitidos pola acción da calor son utilizados para o tratamento das afecciones da gorxa e das vías respiratorias.

Accións farmacolóxicas

[editar | editar a fonte]

Os principios activos das plantas, aos que cómpre atribuír os seus efectos sandadores, pódense utilizar no tratamento de gran número de doenzas. A seguir aparece unha escolma das propiedades medicinais das plantas, así coma dalgunhas especies vexetais que presentan estas propiedades:

Investigación e síntesis

[editar | editar a fonte]

Mentres a medicina herbal tradicional utilizaba partes ou extractos vexetais, a necesidade de comprender con precisión o uso dos distintos compoñentes, de graduar con precisión a dose empregada e de elaborar de xeito estandarizado fármacos homoxéneos levou a que maioría das drogas producidas pola industria farmacéutica conteñan só os principios activos. Nalgúns casos, estes aínda se obteñen do procesamento das plantas medicinais; noutros casos, estes se investigan para illar o principio activo, e este se sintetiza despois de maneira artificial. A investigación das propiedades medicinais dunha planta é un labor complexo, que abrangue desde os informes etnográficos dos etnólogos até a análise de laboratorio de químicos e médicos.

Terapias alternativas

[editar | editar a fonte]

A prolongada tradición de uso de produtos de orixe vexetal en medicina e a reacción contemporánea contra os fármacos sintéticos levou a un rexurdimento da herboloxía, ás veces denominada fitoterapia. A crenza de que se trata de "medicina natural" dotouna dunha aura de salubridade inmerecida; en realidade, os compostos empregados polos herboristas son en moitos casos os mesmos que aparecen nos fármacos industriais, só que mesturados con outras substancias e nunha dose moito menos precisa. Os efectos secundarios provocados polos fármacos industriais son como mínimo igualmente frecuentes na medicina herbal, e o risco de reaccións adversas ou confusións no uso está tamén presente.

A fitoterapia practicada actualmente nútrese tanto da tradición herborística occidental —que se remonta a gregos e romanos— como da tradición Ayurveda hindú e a herbolaria chinesa; neste último país, forma parte das terapias empregadas na saúde pública, xunto con outras prácticas relativamente novas en Occidente, como a acupuntura.

Ademais de compostos vexetais de probada inocuidade, como os presentes nas infusións de consumo doméstico, esta tendencia levou á comercialización de suplementos vexetais, cuxa regulación está en moitos países aínda incompleta. O debate acerca de se deben comercializarse libremente como material alimentario, ou pola contra someterse a revisións máis estritas aplicadas aos fármacos, está en gran medida aínda aberto. Nos Estados Unidos unha lei de 1994 clasifícaos como suplementos nutricionais, permitindo a súa venda e consumo agás que a FDA (Administración de Drogas e Alimentos) poida demostrar o seu carácter pernicioso.

Os perigos propios da medicina herbal inclúen o elevado risco de interaccións adversas, xa sexa entre produtos herbais ou con fármacos industriais, por mor da presenza e dosificación variábel de numerosos principios activos nos preparados, e a posibilidade ás veces fatal de confusión que provoca a nomenclatura inestábel dos vexetais; especies ou variedades chamadas polo mesmo nome, aínda se son moi próximas botanicamente, poden variar enormemente na presenza e concentración dos principios activos.

Na actualidade as principais empresas de fitoterapia cuantifican os principios activos en cada lote de planta e realizan estritos controis de radioactividade, pesticidas e outros contaminantes, co que se garante un efecto homoxéneo en todos os seus preparados.

Biodiversidade

[editar | editar a fonte]

Moitas especies medicinais identificadas cientificamente só recentemente proceden de biomas ameazados. Existe unha preocupación non desdeñábel entre os biólogos acerca do impacto que o crecemento no consumo de especies posibelmente ameazadas produza sobre a sobrevivencia das mesmas, e o estudo do cultivo sustentábel das mesmas é unha preocupación importante.

Uso clínico: factores limitadores

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, as plantas medicinais serviron coma menciñas para aliviar síntomas ou tratar doenzas, con resultados dispares. Por mor da súa actividade farmacolóxica, actuaban directamente sobre o organismo, producindo cambios significativos no seu funcionamento. Neste sentido, estas plantas eran estritamente fármacos (ou drogas) con capacidade de operar, alternativamente, como remedios ou velenos, dependendo das doses, a oportunidade, a vía de administración, a idoneidade de quen as indicaba, a constitución do suxeito tratado, entre outros factores.

No século XIX, illáronse os principios activos das especies vexetais con maior impacto na clínica médica. Até daquela, as limitacións intrínsecas das fórmulas vexetais impediran a titulación de valores óptimos para dose activa mínima, marxe de seguranza da substancia, e dose letal media. Neste sentido, víanse incrementados os riscos de sobredoses agudas ou intoxicacións accidentais. O mesmo acontecía coa incidencia de reaccións adversas imprevistas, por causa dalgún dos innumerábeis compostos presentes nos preparados naturais.

Incluso hoxe en día, persiste a predilección do público non especializado polas formulacións vexetais. Porén, estudos sistemáticos estableceron de xeito concluinte a maior fiabilidade das moléculas illadas. Para o caso de substratos vexetais administrados con fins terapéuticos, o perfil de eficacia e seguranza é claramente desvantaxoso respecto do que cabe atribuír aos seus principios activos en forma pura.

  1. Martín Sarmiento entre 1746 e 1755 recolleu no seu Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1973) multitude de usos das plantas medicinais coas denominacións galegas
  2. Eladio Rodríguez González recolleu entre 1958-1961, multitude de plantas medicinais galegas na súa obra: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  3. A presenza do alcaloide chamado harmol, axuda a conciliar o sono e a súa condición de relaxante é moi apreciada [1] Arquivado 02 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
  4. Tópico refírese ao xeito de aplicación dun medicamente de xeito externo –Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tópico.
  5. Un emplasto é un medicamento de aplicación externa, que abranda coa calor e se adhire facilmente á pel –Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emplasto.
  6. (CÁCERES), 1996. Pág. 43 a 47.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emplasto.
  8. * Herbodietética. Guia de suplementación. ISBN 13: 978-84-941386-0-7. Autor: José Antonio Sánchez. Ed. Ta-Book
  9. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para compresa.
  10. Un absceso ou apostema é unha acumulación de pus nunha cavidade do corpo, que se orixina debido á dexeneración dos tecidos infectados
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para absceso.
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apostema.
  11. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para {{{termo_DRAG}}}.
  12. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lavativa.
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para clister.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ACCT, 1985. Contribution aux Etudes ethnobotaniques et floristiques a la Dominique. París. ACCT 400 p.
  • AGUILAR GIRON JI., 1966. Relación de unos aspectos de la Flora Util de Guatemala. Guatemala. Min de Agricultura 375 p.
  • ALCOM JB., 1984. Huastec Mayan Ethnobotany. Austin UniversitY of Texas Press. 982 p.
  • ARTECHE A. 1992. Fitoterapia. Vademecum de Prescriptions. Bilbao. CITA 835 p.
  • AYENSU ES, 1981. Medicinal Plants of the West Indies.Algonac. Reference Publications. 282 p.
  • BEZÁNGER-BEAUQUESNE L. PINTAK K. TORK M. 1975. Les Plantes dans la Therapeutique Moderne. París. Maloine. 529 p.
  • CÁSERES A. 1996. Plantas de Uso Medicinal en Guatemala. Edición Universitaria. Universidad de San Carlos de Guatemala. 402 p.
  • CÁCERES A. JAUREGUI E. LOPEZ BR. LOGEMANN H. 1992. Cuadernos DIGI 7-92. Actividad antifúngica de plantas de uso medicinal en Guatemala. Guatemala. DIGI-USAC. 89 p.
  • CÁCERES A. SAMAYOA B. 1989. Cuadernos DIGI 6-89. Tamizaje de la actividad antibacteriana de plantas usadas en Guatemala para el tratamiento de afecciones gastrointestinales. Guatemala. DIGI-USAC. 138 p.
  • CECCHINI T. 1978. Enciclopedia de las hierbas y de las plantas Medicinales. Barcelona. Ed. Ed. de Vecchi, 533 p. ISBN 978-84-315-2065-6
  • CEMAT-FARMAYA, 1992. Fichas populares sobre Plantas Medicinales (Serie 2). Guatemala. 180 p.
  • CESA - Intercooperación Suíza. Usos tradicionales de las especies forestales nativas en el Ecuador, Quito. CESA. V3. 256 p.
  • CODEMPE - ECUARUNARI. 1999. Manual de la medicina de los pueblos Kichwas del Ecuador. Quito, ECUARUNARI. 79 p.
  • Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos. Situación actual de las plantas medicinales. Punto farmacológico. 2011; (53).
  • COLONQUES, JOSEP (2013). Les Principals Plantes per a la Salut d´Eivissa i Formentera. España, Baleares. Institut d´Estudis Eivissencs. 417 p.
  • DASTUR JF. 1977. Medicinal Plants of India and Pakistan. India. CB Taraporevala Sons y Cia. 212 p.
  • DE FEO V. 1992. Medicinal and magical plants in the Northern Peruvian Andes. Fitoterapia 63: 417-440.
  • DEL FIERRO P. PANCEL L. 1998. Experiencia silvicultural del bosque nativo de Chile. Santiago: Publicaciones L.Castillo. 420 p.
  • DÍAZ JL., 1976. Uso de las Plantas Medicinales de México. México. IMEPLAM. 329 p.
  • DIESELDORFF EP., 1977. Las plantas medicinales del departamento de Alta Verapaz. Guatemala. Tip. Nac. 52 p.
  • DUKE JA. 1985. CRC Handbook of Medical Herbs. Boca Raton, CRC Press. 677 p.
  • FERRANDIZ VL., 1974. Medicina Vegetal. Villadrau. Ediciones Cedel. 415 p.Pág. 259.
  • FARGA C. Lastra J. 1988. Plantas de uso común en Chile. Tomo I. Santiago. SOPRAMI. 119 p.
  • FONT QUER P. 1976. Plantas Medicinales. Barcelona. Labor. 1033 p.
  • FORÉS, R. 1997. Atlas de las plantas medicinales y curativas; la salud a traves de las plantas. Madrid. Culturam. 111 p.
  • GARCÍA RH. (1991) Plantas curativas Mexicanas. México. Ed. Panorama. 263 p.
  • GIRAULT L., 1987. Kallawayas Curanderos Itinerantes de los Andes de Bolivia.
  • GIRÓN LM. FREIRE AV. ALONZO A. CÁCERES A. (1991) Ethnobotanical survey of the medicinal flora used by the Caribs of Guatemala. J. Ethopharmacol 34:173
  • GRACIA AB., 1974. Vitaminas y Medicina Herbaria s/p.
  • GRIEVE M., 1988. A Modern Herbal. Londres. Penguin Books 912 p.
  • GUZMÁN DJ., 1975. Especies Útiles de la Flora Salvadoreña. (Tomos I y II). San Salvador. Min. de Educación. 703 p.
  • HARTWELL JL. 1982. Plants used against cancer. Lawrence, Quarterman Publications. 710 p.
  • HASTING RB., 1909. Medicinal legumes of México: Fabaceae Papilionoideae. Part One. Econ. Bot. 44:336-348.
  • HUTCHENS AR., 1991.Indian Herbology of North America. Boston. Shambala. 382 p.
  • IIN, 1978. Aspectos de la medicina popular en el área rural de Guatemala. Guatemala Indígena 13:1-616.
  • ITZIK, A. 2007. Las plantas curativas. Montevideo, Arquetipo. 354 p. ISBN 978-9974-8043-8-8
  • HONYCHURCH PN. (1986) Caribbean Wild Plants and their Uses. Hong Kong. Chichester, John Wiley & Sons. 338 p.
  • HOUSE P. LAGOS-WITTE S. 1989. Manual de 50 Plantas Medicinales de Honduras. Tegucigalpa. CONS-H/CIIR/UNAH. 134 p.
  • HOUSE PR., LAGOS-WITTE S, OCHOA L, TORRES C, MEJÍA T, RIVAS M. 1995. Plantas Medicinales Comunes de Honduras. Tegucigalpa. UNAH/CIMN-H/CIIR/GTZ, 555 p.
  • KEYS JD., 1976. Chinese Herbs. Rutland. Charles E. Tuttle Co. 388 p.
  • LEWIS DW. ELVIN-LEWIS MPF. 1977. Medical Botany. Nova York. John Wiley & Sons. 515 p.
  • LINARES E. FLORES B. BYE R. 1988. Selección de Plantas Medicinales de México. México. Ed. Limusa. 125 p.
  • LINARES E. BYE R. FLORES B. 1990. Tés Curativos de México. México. UNAM. 140 p.
  • LYLE EC. SIMON JE. (1989) Species and medicinal plants: Recent Advances in Botany, Horticulture & Pharmacology. 4 267 p. pp. 58–59
  • MARTÍNEZ M. 1992. Las Plantas Medicinales de México. México. Ed. Botas. 656 p. ISBN 968-6334-07-6
  • MELLEN GA., 1974. El uso de las plantas medicinales en Guatemala. Guatemala Indígena 9: 102 - 148.
  • MENDIETA RM. DEL AMO S. 1981. Plantas Medicinales del Estado de Yucatán. Xalapa. INIREB. 428 p.
  • MORTON JF. (1981) Atlas of Medical Plants of Middle America. Springfield, Charles C Thomas. 1420 p.
  • NÚÑEZ E. (1964). Plantas Medicinales de Puerto Rico. Puerto Rico. Universidad de Puerto Rico. 245 p.
  • NÚÑEZ E. 1986. Plantas Medicinales de Costa Rica y su Folcklore. San José. Universidad de Costa Rica 318 p.
  • ODY P. 1993. The Complete Medical Herbal. Londres. Dorling Kindersley. 192 p.
  • OLIVER-BEVER B. (1986) Medicinal Plants in Tropical West Africa. Cambridge. Cambridge University Press. 375 p.
  • ORELLANA SL. 1987. Indian Medicine in Highland Guatemala. Albuquerque. Univ. Of New México Press. 308 p.
  • PASSE, Medicina Tradicional Andina y Plantas Curativas. Ministerio de Salud - Programa de Apoyo al Sector Salud en el Ecuador - Goberno de Ecuador - Unión Europea. Setembro de 2008. 554 p.
  • PITTIER H. 1971. Las Plantas Usuales en Venezuela. Caracas. Fundación Eugenio Mendoza. 620 p.
  • PLANTER, 1989. Obtención y Aprovechamiento de Extractos Vegetales de la Flora Salvadoreña. San Salvador. Universidade do Salvador. 619 p.
  • POTTERTON D. 1983. Culpeper's Color Herbs. Nova York. Sterling Publishing Co. 224 p.
  • PRUTHI JS. (1979) Spices and and Condiments. Nova Deli. National Book Trust. 269 p.
  • ROBINEAU L. 1991. Hacia una farmacopea caribeña. Santo Domingo. ENDA-Caribe. UNAH, 475 p.
  • RONQUILLO FA. MELGAR MF. CARRILLO JE. MARTÍNEZ AB. 1988. Especies vegetales de uso actual y potencial en alimentación y medicina en las zonas semiáridas del nororiente de Guatemala. Cuadernos DIGI 5-88. 249 p.
  • SCHULTES RE. HOFFMAN A. 1980. The Botany and Chemistry of Hallucinogens. Springfield. CC Thomas. 437 p.
  • SEAFORTH CE. ADAMS CD. SYLVESTER Y. 1985. Guide to the Medicinal Plants of Trinidad & Tobago. Londres. Common wealth Secretariat. 221 p.
  • SINGH YN., 1986. Traditional medicine in Fiji: Some herbal folk cures used by Fiji Indians. J. Ethnopharmacol, 15:57 – 88.
  • STANDLEY JC. WILLIAMS LO. 1975. Flora of Guatemala. Fieldiana: Botany 24(11): 93 – 354.
  • THOMAS OO., 1989. Perspectives on ethno-phytoterapy of “Yoruba” medicinal herbs and preparations. Fitoterapia 60:49 - 60.
  • THOMSON WAR. 1980. Las Plantas Medicinales. Barcelona. Ed. Blume. 220 p.
  • VÉLEZ F. VALEY de VÉLEZ G. 1990. Plantas alimenticias de Venezuela. Caracas. Fundación Bigott. 277 p.
  • VIDAL. 2010. Le Guide des Plantes qui soignent - La phytothérapie à l’épreuve de la science. Editora Vidal. Francia. 468 p. ISBN 978-2-85091-192-7
  • VOLÁK J. STODOLA J. 1984. Plantes Médicinales. París. Gründ. 319 p.
  • WHITE, A. 1982. Hierbas del Ecuador. 2ed. Quito, Ecuador, Libri Mundi. 379 p.
  • ZIN J. WEISS C. 1980. La Salud por medio de las Plantas Medicinales. Santiago. Ed. Salesiana. 387 p.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]