Fento dos valos
Fento dos valos | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Polypodium vulgare L. |
O fento dos valos ou fento das pedras (Polypodium vulgare L.) é unha especie de fieito da familia Polypodiaceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta especie ten un rizoma rastreiro bastante groso que se estende sobre as rochas e os troncos das árbores ademais de medrar no chan. As frondes, perennes e duns 30 cm de longo, nacen en pecíolos sarmentosos de semellante lonxitude. As pínnulas (folíolos) son ás veces dentadas e poden tornarse cristadas. Os soros (un soro é un grupo de esporanxios) son redondeados, ás veces con pelos glandulares, dispostos en dúas filas aos lados do nervio central de cada segmento foliar, de cor alaranxada que despois remata en castaño. Madura no verán.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Zonas rochosas e sombrizas, fragas, muros, preferindo os sitios ricos en materia orgánica e acedos.
Distribución
[editar | editar a fonte]Esta especie é de ampla distribución en América do Norte, Europa, África e Asia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fento dos valos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fento dos valos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Penas A. et alii (1991). Plantas Silvestres de Castilla y León. Valladolid, Ámbito. [ISBN 84-86770-40-8]