Chamadoira (apelido)
Chamadoira[1] é un apelido galego de natureza toponímica, que ten a súa orixe no concello de Cerdedo-Cotobade, no barrio de Chamadoira. Podería provir dun termo latino que designaba os lugares fronteirizos ou simplemente zonas entre dous territorios determinados, sinónimo de fito ou marco.
Rexístrase o topónimo, segundo datos do Arquivo do Reino de Galicia no ano 1745:
Los vecinos de San Martín de Figueroa con los del lugar de Chamadoira. Auto ordinario sobre reparar y mantener la mitad del puente
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2023 existían 308 persoas en Galicia co apelido Chamadoira, ben sexa como primeiro ou segundo apelido,[2] principalmente nos concellos de Pontevedra, Vigo e Gondomar.
En España[3] con datos procedentes da Estatística do Padrón Continuo, data de 01/01/2016 hai 407 persoas con este apelido (243 lévano como primeiro apelido e 164 como segundo), por mor da emigración, en lugares como A Rioxa, Asturias ou Guadalaxara. Tamén se atopan en abundancia na Arxentina e o Brasil.
Liñaxe e pedras armeiras
[editar | editar a fonte]Segundo a GEG, é de orixe galega. Levaron como brasón en ouro, dúas bandas de azur, acompañadas de 5 roeis da mesma cor, 3 no oco central e un nos outros ocos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2024). "Chamadoira". Guía de apelidos galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/apelidos>
. Consultado o 30 de xaneiro de 2025. - ↑ Apelido Chamadoira na web do Instituto Galego de Estatística.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arquivo do Reino de Galiza Arquivado 30 de abril de 2018 en Wayback Machine.