Saltar ao contido

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «GEG»)

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Deseño da cuberta. Texto dourado sobre fondo vermello.
Título orixinalGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Autor/aVarios.[a]
Ilustrador/aVirxilio Fernández e outros.
OrixeGalicia.
LinguaEn papel: galego ou castelán,
En DVD: en galego.
Xénero(s)Consulta (enciclopedia).
Editorial
Data de pub.Dende 1974.
FormatoEn papel ou en DVD.
ISBN
EditorSilverio Cañada Acebal
editar datos en Wikidata ]

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Gran Enciclopedia Gallega

[editar | editar a fonte]

A primeira edición, de corenta e tres tomos, en castelán, publicouse no ano 1974. Dirixida por Ramón Otero Pedrayo, os coordinadores editoriais foron sucesivamente Perfecto Conde Muruais, Arturo Reguera López e Xosé Ramón Fandiño Veiga, coa implicación de Xesús Alonso Montero.[a][3]

Unha obra senlleira, de información fina e sotil, de síntese vital, reflexo total e perciso da realidade de Galicia no seu ser histórico e social

Gran Enciclopedia Galega

[editar | editar a fonte]
Varios exemplares da GEG ocupan as baldas da Biblioteca de Galicia.

Trinta anos despois publicáronse en galego por dous grupos editoriais distintos,[4] Editorial Novos Vieiros da Coruña (66 tomos)[5] e o Grupo El Progreso de Lugo (44 tomos).[6]

Foi dirixida por Benxamín Casal e participaron cincocentos colaboradores. Membros do consello asesor foron, entre outros, Isaac Díaz Pardo, Xosé Ramón Barreiro, Xaime Isla Couto, Alfonso Zulueta de Haz, Alfredo Conde, Víctor Freixanes, Manuel María, Basilio Losada, Xavier Alcalá, Antonio Bonet Correa, Xosé García Oro, Manuel Lucas Álvarez, Xesús Alonso Montero ou Xaime Quessada.

Hai un gran traballo de recollida de datos, de pescudas, de contrastar en fontes diferentes, de facer que todo o que deste país poida ser interesante quede reflectido nesta magna obra para que sexa realmente unha ferramenta útil de traballo e para deixar fixada enciclopedicamente o que Galicia é nos albores dun novo milenio.
Blanca García Montenegro, Presidenta do Grupo El Progreso.

Versión en DVD

[editar | editar a fonte]

A versión en DVD, en galego, é do ano 2005. Ten 100 000 entradas, 25 000 fotografías, 2500 gráficos e 500 mapas[7] (incluíndo un mapa individual por cada un dos 315[8] concellos de Galicia).

Dende a portada a información preséntase en cinco apartados:

  • Enciclopedia.
  • Biografías, con preto de 4000 artigos.
  • Heráldica, máis de 2000 entradas de apelidos e liñaxes.
  • Descubre Galicia, cun índice que chega ata o nivel das parroquias.
  • "Dossier", cartafol onde o usuario pode apartar a información que máis lle interese.

Ademais dispón dun apartado de anexos, unha función de procura avanzada, e un directorio de axuda.

No ano 2011 foi distribuída polo Grupo El Progreso polo prezo de 9,95 .[9]

Referencias
  1. Ficha da Editorial Novos Vieiros Arquivado 29 de decembro de 2012 en Wayback Machine. na páxina da Asociación Galega de Editores.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Base de datos de libros editados en España Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España.
  3. Un editor de noso Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. artigo do 30/5/2002 de Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia.
  4. O lanzamento da “Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada” revela a existencia de dous proxectos... CCG, 3/6/2003.
  5. GranEnciclopediaGalega.com da editorial Novos Vieiros (A Coruña).
  6. EnciclopediaGalega.com do Grupo El Progreso, en Internet Archive (ligazón orixinal morta).
  7. El Progreso ofrece a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD, El Progreso, 26/11/2010.
  8. Cando se editou a enciclopedia había 315 concellos en Galicia. Logo de dúas fusións, pasaron a ser 313.
  9. "Anuncio da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada" (PDF). De luns a venres. día 23/02/2011. p. 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11/01/2014. Consultado o 22/07/2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]