Xosé Carlos Sierra Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1950 (74 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | historiador, político |
Xosé Carlos Sierra Rodríguez, nado en Pontevedra o 22 de marzo de 1950, é un historiador e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Valladolid. Foi profesor axudante de Prehistoria e Antropoloxía no Colexio Universitario de Ourense e na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Desde 1985 pertence ao corpo facultativo de conservadores de museos do Estado. Foi conservador do Museo Etnolóxico de Ribadavia, do que foi despois director. Dirixiu o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e foi subdirector xeral de Museos e Patrimonio Histórico e Documental. En setembro de 2005 foi nomeado delegado da Consellería de Cultura e Deporte en Ourense e en 2008 secretario xeral da Consellaría de Cultura e Deporte[1].
É curmán do dermatólogo Xavier Sierra.
Obras
[editar | editar a fonte]- Sobre la tecnología del Bronce Final en los talleres del N.O. hispánico, 1978.
- El depósito del bronce final de Samieira, 1984.