Charaxes jasius
Charaxes jasius | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Charaxes jasius' | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A Charaxes jasius é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae. Atópase amplamente distribuída en toda a África subsahariana e tamén nas rexións do litoral mediterráneo e atlántico da Península Ibérica, sur de Francia, Italia, Grecia, Albania, a costa dálmata, illas mediterráneas e norte de África, onde as súas eiruga aliméntanse do érbedo. É o único representante europeo do xénero Charaxes, que está constituído por numerosas especies de distribución africana tropical principalmente.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]As eirugas desta bolboreta son alongadas, de cor verde. Caracterízanse por unhas seis protuberancias na parte superior da cabeza, similares a cornos. A pupa tamén é de cor verde. Os imagos teñen a cabeza pequena con grandes ollos e antenas de mediano tamaño, un tórax de cor branca, negra e marrón avermellada e un pequeno abdome de cor gris. A parte interior das ás presenta franxas de cor negra, laranxa e amarela. A parte exterior presenta debuxos complexos, alternando as cores branca, negra, laranxa e marrón avermellada, e cuns ocelos nas ás posteriores. Os machos alcanzan 65-75 mm de envergadura alar e as femias 75-90 mm.[2]
Subespecies
[editar | editar a fonte]- C. j. jasius (Sur de Europa, Norte de África)
- C. j. brunnescens Poulton, 1926 (Gabón, norte de Angola, República Centroafricana, suroeste da República Democrática do Congo)
- C. j. epijasius Reiche, 1850 (Senegal, Gambia, Guinea-Bissau, Guinea, Malí, Serra Leoa, Liberia, Costa de Marfil, Burkina Faso, Ghana, Togo, Benín, Nixeria, Níxer, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, sur de Sudán, norte de Uganda, norte de Etiopía, Somalia, noroeste de Kenya)
- C. j. harrisoni Sharpe, 1904 (suroeste de Uganda, suroeste de Kenya, noroeste de Tanzania)
- C. j. pagenstecheri Poulton, 1926 (sur de Etiopía, Somalia)
- C. j. saturnus Butler, 1866 (este e nordeste de Kenya, Tanzania, Malawi, centro e sur da República Democrática do Congo, Angola, Zambia, Mozambique, Zimbabue, Botsuana, nordeste de Namibia, Suráfrica, Suazilandia)
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]As larvas das poboacións africanas aliméntanse de Sorghum roxburghii, Lonchocarpus cyanescens e especies de Cassine, mentres que as poboacións mediterráneas fano de Arbutus unedoen[1] no medio natural. En contornas máis antropizadas indicáronse tamén como plantas nutricias varias especies do xénero Brachychiton, que son árbores exóticas utilizadas en xardinaría urbana, e ocasionalmente a laranxeira. Os adultos aliméntanse xeralmente dos zumes de froitas maduras ou podrecidas e tamén de lixiviados de excrementos e cadáveres en descomposición.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pupa.